Estaba na miña casa. Pasou por diante da mesa
na que traballo co ordenador. Viu unha figuriña que leva comigo máis de trinta
anos.
O meu amado Ludwig Van Beethoven.
E deixoume un papel escrito no que dicía:
“Cuando vi anoche, junto
al ordenador, la figurilla de Beethoven, pensé que era urgente enseñarte uno de
los poemas que aquí te dejo.
Luego no te dije nada, porque la noche nos
llevó por otros derroteros y hoy, al volver a verla, me ha vuelto a asaltar la
necesidad de que este poema se quede en tu casa (…)
En efecto, xunto
a un par de poemas compañeiros seus, segundo as súas propias palabras, estaba
este fermoso poema chamado “LA NOVENA
SINFONÍA”.
Un dos moitos detalles cos que esta
persoa, gran poeta, Juan Carlos Martín
Ramos, pode sorprenderte e permitir que sexas un pouco máis feliz.
Encantados estamos en Versos e aloumiños de
publicar estes versos que homenaxean a quen considero o compositor que me chega máis fondo e que me
aperta tantas veces coas súas sinfonías e coa impresionante música de cámara.
Grazas, Juan, por tan delicado agasallo,
que quero compartir cos lectores e
lectoras deste blog-revista.
E agora podedes gozar dun acontecemento singular: un coro de 10.000 persoas en Xapón, nun estadio deportivo, cantan a "Oda á alegría" de Schiller, que pertence ao 4º acto da "Novena Sinfonía" (Coral) de Beethoven.
Espectacular e emocionante.