Páginas

lunes, 29 de junio de 2015

"LEER EN CASA", UN NOVO ARTIGO DE MARIANO CORONAS DOS SEUS "CUADERNOS DE MACOCA".



Cando estaba escribindo esta introdución, chégame o novo número da revista El Gurrión, que dirixe Mariano Coronas Cabrero. Teño que recoñecer que a actualidade da comarca aragonesa de Sobrarbe e a creatividade reflectidas nesta publicación me enchen de ledicia. Hai tanta humanidade nas súas páxinas! Ole a autenticidade, a lama, a aldea, a muíños, a natureza, a afectos. Como gozo dos seus contidos interesantes e variados.
     

     Ademais, sinto a Mariano máis preto de min. Teño a sensación de penetrar na súa “terriña”, extensión da forma de ser e de actuar deste home íntegro, loitador e dunha sensibilidade que aloumiña.
           
     Pois co número 139  (Maio,2015) á miña beira, dou paso en Versos e aloumiños  a outro dos artigos prometidos de Mariano Coronas, publicados no seu momento en Cuadernos de pedagogía, e que o autor recompilou nun libriño, CUADERNOS DE MACOCA (2), co nome de La senda de las palabras.
     
     O tema non pode ser máis suxestivo: a lectura na casa. Un novo apuntamento de Mariano sobre algo que debería ser hábito, pero que non o é.
     
     

     Podería eu escribir bastante sobre o asunto. Interésame, e moito. Porén, non paga a pena. Mariano Coronas, con quen  coincido ao cen por cen, explícao cunha claridade e unha lucidez impresionantes.
     
     Así que vos convido a que o leades e tomedes boa nota. Por aí debe comezar a iniciación na lectura literaria dos nosos cativos e cativas.

     
     Grazas unha vez máis, mestre!




LEER EN CASA


                                                                                  MARIANO CORONAS CABRERO

     Algunas personas acabaron siendo lectoras, a pesar de crecer en hogares sin libros. Es posible que las carencias estimulen de una manera extraordinaria y que uno desee de manera especial aquello a lo que no tiene acceso. Hubo un tiempo en que en muchas casas no había libros, y tampoco los había en las escuelas e institutos... Hoy estamos en una situación bien diferente. Las bibliotecas escolares son un hecho feliz en muchos centros y las bibliotecas públicas han mejorado de manera definitiva; y ambas actúan como equipamientos compensadores de posibles carencias familiares. Hoy, el acceso a los libros se ha facilitado notablemente y, además, debemos contar con las posibilidades que han abierto el ordenador e internet.

     Pero no estará de más releer una cita del libro de Matilda, del celebrado Roald Dahl, en la que la protagonista le dice a su padre: -”Papá, ¿no podrías comprarme algún libro?” El padre responde, sorprendido: -”¿Un libro?, ¿para qué quieres un maldito libro?” Pues, “para leer”, replica su hija. Y el progenitor finaliza con un categórico: -”¿Qué demonios tiene de malo la televisión?” 

     No hace falta que la tomemos al pie de la letra, pero, no cabe duda, que nos hace reflexionar, pues es probable que aún haya unos cuantos padres como el de Matilda
Mariano Coronas Cabrero

     Algunos hábitos nacen y se contagian en el seno del hogar. Esa actitud indiferente o despectiva de algunos progenitores hacia los libros y la lectura es real en muchos casos y, seguramente, difícil de modificar, incluso aunque lleguen desde la escuela latidos positivos y animadores de una práctica tan aconsejable y necesaria. Sabemos que nada es definitivo en este asunto de la adquisición de hábitos, pero parece razonable que la familia debería, desde que el niño o la niña llegan al mundo, tener en cuenta que el ejemplo de sus actos puede ser buena parte de la guía ética que esa criatura necesita para un crecimiento saludable en todos los órdenes. 

     Cuando el padre o la madre le cuentan y le leen a su hijo o a su hija, éstos no solo escuchan historias; no sólo oyen la música de las palabras envolviéndolos; aprenden a leer la voz, la entonación, el afecto, la proximidad, la protección y el cuidado, la expresión de la cara de quien lee... Esas lecturas en voz alta, esos cuentos repetidos son un acto de amor que emociona y las emociones calan hondo, nos moldean y de esa práctica casi diaria, emocionada y significativa, es probable que sí salga un futuro lector o una futura lectora.

viernes, 26 de junio de 2015

ESCAPARATE POÉTICO (LI) Xosé María Álvarez Cáccamo (2)



                     XOSÉ  MARÍA  ÁLVAREZ  CÁCCAMO  (Vigo, 1950)



CONSIDERANDO, pois que os feitos que se indican  poden
     ser constitutivos de delito, ordeno

que vos sexa retirada palabra e dereito de instrucción,
Xosé Mª Álvarez Cáccamo (Foto de Anxo Cabada)

que vos poñan voz acusadora e ferros fiscais e luvas quentes nas mans,

e que vos neguen terra desde esta parte ata a raia do mar
     en vintecinco metros da chea máis alta, e que vos
     falte a música,

e que as linguas se confundan para que non saibades
     nunca rematar a torre, así cando ún precise arxila
     entreguen xabre e terra negra e sucumba a construcción
     desde as alturas,

e que tres veces vos sexa negado auxílio ou recompensa,

e quen ouse auxiliar ou ceder a tentativas de imitación
     sexa tamén castigado,

e lle retiren asimesmo palabra, música, dereito de instrucción

e se lle negue a todos os que así procederen

o reducto cativo do circundo onde pretendan

cultivar algunha rosa branca.






É vosa filla   nai
baixando feita neve por un río de oucas
metida nun caixón onde se arranxan
diminutas industrias
falaba con gramática dun cristal amazónico
sabia das outras beiras pero conciliadora
cos idiomas de noso para non dar tristura sobre tristura


unha noite o seu corpo fora deitando peso
e camiñaba leve como folla de outono
con pasos que eran danza


eu dormía escoitando
a traslación secreta culpábel do seu tránsito


e de mañá qué branco
sol deitado na erba como un ferro de xelo
a miña irmá que nunca!







                                                                                            (Do libro Os cadernos da ira, editado por Espiral Maior. 1999)

jueves, 25 de junio de 2015

DARDO POÉTICO ( XXI ). Catro poemas inéditos de Ana María Fernández.

                       


    Teño que dicir que, dende que lin os primeiros versos dun poemario seu, Ana María Fernández converteuse para min nunha das poetas de referencia.
     
     
Ana María  Fernández


     Corría o ano 1990, o libro, editado por Edelvives, chamábase Pola rúa dos versosEspreguiza o galo / ó senti-lo día / a capa de plumas / e logo esgutía (…)
     
    


      Nunca deixei de lela. Cada poemario seu (tamén a narrativa)  entraba na miña casa  sen petar na porta. Así gocei das súas Ondas de verde a azul (Ed. Xerais, 1994). Imaxes luminosas que me engaiolaron, ritmo, musicalidade…
     Servilletas de nubes / encol dos manteis dos aires, / a buli-los paxaros / no banquete da tarde; / e o sol a brillar no medio / coma unha froita moi grande.

     


     Con Ana María dei tres ou máis voltas ao planeta. Entre os seus versos gocei dunha viaxe fermosa e aprendín a salientar o valor do pequeno (algo que sempre me interesou) e a entender algúns dos misterios da vida. Era o seu poemario Tres voltas ó planeta, editado por Everest-Galicia en 2000.
     Campaíñas do Courel, / feitas a duro cicel. / Aló arriba no camiño, / entre a chorima e o espiño, / tocades con ese aquel… (…)
     
     


     No ano 2002, aparece un libro extraordinario, Amar e outros verbos (Everest-Galicia), que gañou o Premio Lazarillo de Creación Literaria. É este un libro dunha calidade infinita, no que a autora vai trazando un discurso sinxelo e intenso á vez, coa emoción da experiencia do día a día convertida en versos. Hai alumnas que tiven eu que veneraron este poemario.
     De nenos, xogamos / a estar tristes, entre risas, / e os ollos lávansenos con lágrimas puras / que limpan o po / das rúas encantadas, / por onde cruzan abesouros / que endexamais dormen. / As lágrimas son / unha mensaxe / das nubes da alma / e nós lemos e relemos a mensaxe / e choramos de novo / porque non entendemos nada.(…)

     
     
     Dous anos máis tarde, no 2004, tamén en Everest-Galicia, aparece outro poemario de referencia: O país de amarnos. O amor espallado a través das palabras; versos que procuran a emoción coa tenrura, coa rabia e co amor á terra. Unha delicia.
     Sobre unha mesa fría / coma xeo, / ela, a mística escultura da palabra, / sobrevivirá no silencio / da escritura maldita. / A nosa voz será só / dos que nos coñeceron, dos que verán a tinta dos nosos nomes / anoados por cardos e corolas. / Para os outros, / quedará só / este papel, / esmorecido e enrugado / con larganza de labios / e lumbrigares solitarios (…)

     

     
     
     No ano 2007, nun poemario que viu a luz na editorial Tambre, colección Ala Delta, atopei un grilo falangueiro. Un grilo que lle cantou poemas a Ana María Fernández e que ela transcribiu para que gozásemos con eses versos.
     O libro leva o nome de Poemas que me cantou o grilo.

     Perdeuse un rodaballo / baixo as areas do mar. / Tres cunchas e unha perla / a quen o poida atopar. / Levaba traxe claro / cun ganduxo de sal. / Melgachos, robalizas, / ollade, que ha pasar. / Pagamos un tesouro / a quen o poida atopar.





Non hai moito decateime que no 2011, outra vez Everest-Galicia (que gran labor o de Irene Penas!) saíra un novo poemario de Ana María Fernández: Páxinas de Carricanta. Escapárame e fun á libraría e merqueino. Unha vez máis puiden gozar dun poemario intelixente, nacido das experiencias cotiás dun humilde animal (calquera o diría, pois semella un ser humano) que vai na procura de respostas diante dos misterios da existencia:
     Non sei se foi o meu eco, / que se apoiaba entre dúas rochas / para explicar a sombra de tres nubes que discutían / pola xeometría dos espazos. / Ou se máis ben sería un eco orfo, / porque eu tiña a boca aberta, / pero non me lembro de que dixera nada / en especial sonoro. (…)

     

    
      Hai unhas semanas, Ana María Fernández tivo a xenerosidade de enviar a Versos e aloumiños tres poemas inéditos. Que enorme satisfacción! Un agasallo que agradecemos fondamente e que temos a honra de publicar aquí, neste espazo onde viven as emocións e os sentimentos. Neste espazo aberto á palabra literaria.
     
     Desta volta, a palabra literaria dunha das voces máis significativas da nosa poesía para nenos e nenas e para todas as idades.

     
     Grazas, Ana María, por tan fermoso galano.




CHOVE

Chove no campo e as aforas.
De vagarciño,
achégasenos un océano de pingas cantareiras.
E toda esa auga é nosa,
pertence ao ceo, á terra e a nós mesmos,
que somos recipientes de augas submariñas,
XULIO  GARCÍA  RIVAS. "Treboada na Costa da Morte".
que vivimos entre as nubes e os charcos,
entre o azul e o gris máis tormentoso.
Chove,
barruza,
chuvisca,
orvalla,
zarzalla,
marmañisca…
Poucos verbos para tal número de gotas
que, ademáis, veñen a este mundo coa gloriosa misión
de facer que non se estiñe a fonte nin se deteñan as canles,
que existan as fervenzas e os regatos,
que corra o sangue polas veas
e que o mar siga sendo grande,
para que o entendamos como a unha metáfora.
A chuvia non ten ás,
pero parece,
non ten boca,
pero bícanos,
non ten ollos coma os nosos,
pero sabe onde caer para ser abundancia.
Hoxe chega ata nós cun lombo de húmidas promesas.
E ten moito que dicir.
Abre o paraugas!



ORIXINAL

O campo, tantas veces virxe,
publica nestes días
as páxinas profundas doutra primavera.
XULIO GARCÍA RIVAS.  "Xardín XVIII"
Un orixinal de lagos, de congostras,
de agochados matices de verdura
que escalan precipicios,
que furan polas marxes de refuxios ancestrais
ata facérense herba,
rama,
copa…
O campo resucita
na perfección da ave que se eleva,
allea á mirada das súas presas,
na brasa do sol,
nas ribeiras, preñadas de sementes…
En tanto,
eu detéñome a vivir conscientemente,
a non perder un só detalle de beleza
ao pé da uz florida,
dos montes de carpazos,
da salgueira que sostén o canto do ouriol,
segrel de escuras fragas.
Todo xorde nun complot de arte,
de enerxía vital que desconcerta...
E de todo formo parte,
se así o considero.



SOÑOS


Sinto o meu soño
a un metro de min mesma,
a un tiro de lingua de sapo;
xusto despois de xirar o pomo dunha porta.
Segundo din,
XULIO GARCÍA RIVAS. "Árbore do amor".
con el debo marchar cara ao Infinito,
dobrar esquinas,
cruzar cruces,
distraer o pé,
diante da aspereza dunha pedra,
saltar muros,
canles e regatos…
Pero o meu soño non se manifesta,
aínda está por vir,
por achegarse a min, que pido esmola.
Non se albisca nin se toca.
Deixoumo en herdanza
a casualidade,
o roce dunha noite perfecta,
unha onda que se desmelenou no meu xeonllo…
Ademais, posúe tantas caras
que cada norte do seu mapa é distinto,
e uns días,
amañece cuberto de neve, seis centímetros por rama,
outros, a verdegar
nunha insolente primavera de dez pisos.
O meu soño é grande e tamén invisible;
volve sempre
coa gana de condecorar os escenarios dos meus días,
pero marcha sen despedirse,
ferindo as expectativas,
desamañándome o tempo,
que se acurta,
que se perde entre os aplausos dos vivos.




CAOS

Sucede nas lavas dos atardeceres translúcidos,
cando o mundo é máis musical e vespertino.
XULIO GARCÍA RIVAS. Sen título.
Un espiñazo de luces ergue entón a testa
contra a bravura dos ventos perfumados.
Oboes nos bosques,
Tremor nas copas,
Vertixe de vida contra vida…
E eu no caos,
enfocándome no marabilloso,
centrada na experiencia grupal
onde todo o biolóxico
se devora;
onde a materia,
en apariencia, ordenada e metódica,
fagocítase nun clímax de utopías.
Quen nacerá para contemplar o contraluz da parra,
para gobernar os desafíos?
Estrela a estrela, a noite volve de vagar,
respira fondo
e chama unha curuxa e tres morcegos,
disposta a explicar, desde o balcón dunha galaxia,
o misterio da súa lenda.




Con Ana María Fernández e Xoán Babarro na Coruña.


                                                                                                                                                                    ANTONIO  GARCÍA  TEIJEIRO

martes, 23 de junio de 2015

POLAS SÚAS OBRAS LEMBRARÉMOLOS / AS ( 8 ) James Salter








                                  JAMES  SALTER   (1925 - 2015)
James Salter
A figura deste narrador norteamericano, autor dunha obra curta (seis novelas e dous libros de relatos), foi revalorizada co paso do tempo e converteuse nunha icona da actual literatura estadounidense.

Oito libros de referencia polo coidado da súa prosa, sutil e exquisita, na que plasma intensas paisaxes narrativas con pinceladas lacónicas e palabras precisas con oracións dun claro valor poético. (Diego Gándara)

"Setembro. Semella que estes días luminosos non rematarán nunca. A cidade, case deserta en agosto, estase a encher de novo. Repobóase. Todos os restaurantes e comercios volven abrir as súas portas. A xente retorna do campo, do mar, de viaxes polas estradas ateigadas de tráfico. A estación está ben concorrida.Hai nenos, cans, familias con equipaxes atadas con correas. Ábrome camiño entre todos eles. É como atravesar un túnel. Por fin saio á luminosidade do quai, debaixo dun gran teito de cristal que parece agrandar a luz" (...)

Comezo da súa novela "Juego y distracción" (Ed. Salamandra.2013).
Versión galega de Antonio García Teijeiro sobre a tradución ao castelán de Jaime Zulaika.