Pintura de Benito Pérez Fernández. 2014 |
Chegamos ás 100.000 visitas e paréceme un
soño.
Non é este un blog que se saiba vender nas
redes. Nin tan sequera é un blog segundo costume. Non vai buscando notoriedade.
Depende, fundamentalmente, do boca a boca. É un blog-revista porque nel se
atopan artigos e colaboracións que non “caducan” coa actualidade.
É un espazo para compartir, un verbo que me encanta. Non naceu con vocación de
impresionar a ninguén, senón co desexo de integrar e divulgar opinións,
noticias, reflexións, mostras literarias que, en voz baixa, se vaian filtrando suavemente no noso interior
e que nos axuden a ser algo mellores. A palabra literaria, a música, a crónica,
os vídeos, as noticias bañadas en humanidade, a cultura, en definitiva… teñen
un poder balsámico evidente que, ás veces, se esquece.
Versos e aloumiños
non quere esquecementos desta índole. Quere vivir dentro das persoas sen
protagonismos. Intenta acariñar, sacudir, remover, facer gozar, falar no oído,
bicar, introducir calquera mostra de arte etc. dun xeito auténtico e
entrañable.
Versos e aloumiños
está aberto ás persoas que teñan algo que dicir. Confluír neste espazo cultural
é un dos nosos obxectivos principais.
Penso que Antón García-Fernández o explicou moi ben. As miñas palabras
sobran.
Quero agradecer, iso si, a todos aqueles e
aquelas que levan colaborando con este blog-revista. A todos estámoslles moi
agradecidos. Este proxecto é daquelas persoas que crean no espírito aglutinador
do mesmo.
E unha desas persoas é, sen dúbida, Juan Carlos Martín Ramos. Non vou falar
del, pois é ben coñecido pola súa participación no blog-revista. Un home que
non deixa de sorprender. Un home que cre nos valores da poesía e que nos
agasalla a miúdo con textos abraiantes. E nesta ocasión, a desculpa foi o
número 100.000. El, que se sente parte de Versos
e aloumiños, envioume un correo ateigado de agarimo e de amizade,
cualificándoo de “espazo de encontro,
acolledor e xeneroso, para especialmente os que amamos a poesía, a música e
tantas outras cousas que dan sentido á nosa vida…”
Nese correo viaxaba un precioso poema, que
aludía a ese número de visitas que tan felices nos fixo.
Juan Carlos decidiu darlle voz ao blog e
escribiu estes versos marabillosos que nos enchen de satisfacción e que lle
agradecemos fondamente. Son un exemplo máis da humanidade que envolve este
espazo.
LA
VOZ DEL BLOG
(Con motivo de las 100.000 visitas de
“Versos e Aloumiños”)
Pasa sin
llamar,
pasa, por favor,
es libre la
entrada,
estás en tu blog.
Pasa y ponte
cómodo
en cualquier
rincón,
á luz das
palabras
o á sombra de
Bob.
Pasa y ya de paso
que se oiga tu
voz,
Benito Pérez Fernández.2015. |
caza en mi
ventana
un rayo de sol.
Pasa al fondo y
quédate
conmigo, mi amor,
aquí siempre hay
sitio
para ser tú y yo.
Pasa, que mis
versos
e aloumiños son
el más fuerte
abrazo,
la mejor canción.
JUAN CARLOS MARTÍN RAMOS