DANIEL
PERNAS NIETO (Abadín, 1884 - Mondoñedo, 1946)
SEMPRE
MOZA
Furtiva
moza te vexo
que
ven de min t´agasallas;
Daniel Pernas Nieto, "O Cura poeta". |
pol´as
meixelas campeas.
Unha bágoa.
I-eres
para todos a moza
recollidiña
n-a cama;
post´o
sol bicas a terra.
Sempre ufana.
Que
das Delores a Nai
n-o
Ceo deuche pousada.
SALAIOS
Por
qué chora, preguntas a un bardo,
d´a terra galega;
pois
choro porque levo n-o peito
un feixe de penas;
porque
as casas d´a miña terriña
inda non fumegan,
que
soliñas, soliñas quedaron
n-o bico d´aldea,
i-agora
non hai quen desbrave
as irtas restrebas;
miña
terra, terriña querida,
que soia te quedas,
que
os homes que inda non te conocen
así te desprécean
vindo
logo de terras extrañas
sin sangue nas venas;
por
qué choro, preguntas filliño,
porque non fumegan,
¡ai!,
as casas da nosa terriña
n-o bico d´aldea.
EN
UN ALBUM
D´aquel
borbullo n´olliño
ferve
unha bágoa d´o mar,
e
bícall´o sol o seo
qu´esgaza
doida,
doidamente,
a
pelra d´unha mañá.
(Do libro Fala
das Musas e outros poemas. Xunta
de Galicia. Centro Ramón Piñeiro. Colección Láncara de poesía. 2014.
Ed. de Armando Requeixo).