Ilustración de Francisco Ameixeiras Sánchez |
Xa
que estamos no tempo do Nadal, non está de máis que, entre Papá Noel ou Santa Claus,
os Reis Magos etc. saibades un pouquiño dunha figura moi nosa, bastante
descoñecida e bondadosa.
Estou a falar do Apalpador.
Teño diante miña un conto que se chama “Antón
e O Apalpador”, editado pola editorial Barafunda.
Un conto de Nadal sinxelo e cálido que nos
presenta a este xigante, carboeiro de oficio, que vive nas devesas do Courel,
dos Ancares e de Trives e baixa na noite de Nadal ata as aldeas e estar preto
dos nenos e nenas mentres dormen. Con moito coidado apálpalles as barrigas para
ver se non pasan fame e están ben mantidos.
Logo de lles desexar que no ano vindeiro
non pasen fame , marcha deixándolles unha morea de castañas ben quentiñas e, se
seportaron ben, algún xoguete de madeira.
Disto trata esta entrañable historia, “
Antón e O Apalpador”, escrita por Manuel castro Lima e Mª Mar Ameixeiras
Sánchez con ilustracións e deseño de Francisco Ameixeiras Sánchez.
O libro remata cun poema, unha cantiga en
realidade, que leva por título “Cantiga do Apalpador”, unha Cantiga de Amadora
de Galego, recollida en Romeor do Courel por José André López Gonçâlez en 1994.
Ten, ademais, uns xogos de pintar, buscar, andar por un labirinto para facer
que o pequeno lector reforce máis, se cadra, o lido ou escoitado na historia.
A Cantiga di así:
Vaite
logo meu meniño
marcha
agora para camiña
que
vai vir o Apalpadore
Ilustración de Francisco Ameixeiras Sánchez |
a
palparche a barriguiña.
Xa
chegou o día grande
día
do noso Señore
xa
chegou o día grande
e
virá o Apalpadore.
Mañá
é día de Cachela
que
haberá gran nevarada
e
a de vir o Apalpadore
cunha
mega de castañas.
Alá
por aquela cemba
mira
xa ven relumbrando
o
señor Apalpadore
para
darvos o aguinaldo.
Curioso
personaxe que forma parte da nosa tradición popular e que debemos coñecer, pois
enriquece un pouco máis esa serie de personaxes máxicos que transitan polo noso Nadal.
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO