ESTEVO
CREUS (Cee, 1971)
Descravo o meu corpo da bancada
e
encho as maceiras co meu sangue.
Estevo Creus |
Estou
aquí
coa
pel cortada
a
xeito de isobaras
e
coa conciencia precisa do fracaso.
(Espanto).
Avanto
torpemente entre as farolas
coma
un veciño
inútil.
Porque ela é así.
Recolle
as feridas que eu fun ciscando pola noite
e
anica o seu corpo baixo a mesa
e
agarra coas mans as miñas pernas
e
abrázame
e
pregúntame o porqué de estar aquí
o
porqué de estar así
sobrevoando
aquela,
a
outra praza abandonada
coas
mans cheas de escamas
e
sen ningunha caricia.
Son
así
un
residente sen rostro
e
pinto na caluga unha diana.
Vou
trazando os círculos no corpo
e
as colores.
Semento
a miña pel
de
frechas
e
de humus.
(Do libro Decrúa,
editado
por Espiral
Maior, 2003).