Páginas

jueves, 31 de octubre de 2013

CADERNO ÍNTIMO (XIV)



                                 Páxina decimocuarta

 Despois da sombra que cubriu o noso espazo a xeito de doenza, certos raios de sol penetraron a través de nubes moi negras. Case foi un milagre. Pasou a sombra negra e houbo un momento posterior no que non faltou moito para deixar de dar as costas ao mundo. Fiquei de lado. E cal foi  a causa? Pois unha andoriña nacida e co seu niño alén do mar que comezou a revoar torpemente a través do meu ceo esmagado polo desacougo. Na boca mesma do precipicio unha andoriña belida, moi belida, pousou sobre o meu brazo mentres escoitaba jazz, concretamente a magnífica peza, Mil dew, de Johnny Griffin.

Foi á hora  xusta na que eu e mais a muller que me ama precisabamos da compaña de tan tenra criatura. Ás veces, non chego a tempo de amañar o dano que fan os coitelos ferruxentos na miña vida. Aí é cando preciso da man que acariña o meu ombro. Aí é cando sinto a necesidade de deixar un aviso para aqueles que me queren saiban  da miña tristura.

Mais todos estes desacougos perdidos nunha mitoloxía case persoal abren a porta das estrelas e brilla entre elas esa andoriña con voz de río, con voz de fontenla, con voz de mar.
Daquela, a muller que acariña o meu longo cabelo racha o frío incoloro para compartir comigo os voos singulares da linda ave. Pequena, si, pero xa petando nas xanelas, pousando o seu sorriso sobre as varandas e poñendo as súas ás en marcha para voar ata o pé das nosas escaleiras.

As bágoas de emoción fanme xirar para ver o mundo por onde vai voar definitivamente esa andoriña. Pero non me confío. Temo sentir mancados os meus ollos (e os da muller que me acariña o cabelo) e non poder ver as alamedas do vento.


Os voos da nosa pequechiña son torpes, pois é aínda moi cativa. Sen embargo, voa. Coa axuda do Pai Ceo e da Nai Terra, esta andoriña está chamada a facer que os nosos silencios non sexan oblicuos. De feito xa o está a facer.

Non quedou máis remedio que seguir o seu ronsel, cruzar o océano e chegar ao seu recuncho de vidro, aberto de par en par para que gozásemos dos seus círculos no aire de albas e solpores.

 Estiven tentado, moitas veces, de cambiar o sombreiro negro por un claro de verán máis que gozoso. Quizais o fixen. O espello pode falar e amosarme unha clareira nunha fraga escura e espesa.
Eu levaba no meu interior a doce música dos arrolos que Palmira G. Boullosa foi recollendo coa mestría que a caracteriza. As nanas, os arrolos ou as cantigas de berce, esas primeiras mostras poéticas que os cativos poden e deben escoitar.

Eu dicíalle
                Esta nena ten soniño,
                ten soniño e mais non dorme;
               durme, meniña, durme
               que te vai levar un home.

E a miña andoriña pousada no meu colo durmía pouco a pouco facendo do seu respirar a miña felicidade. E eu dicíalle:
                Arco da vella,
                vaite de aí,
            que as nenas bonitas
                non son para ti.


A muller que me quere e mais eu albiscabamos e sentiamos moi fondo os seus ollos confundidos en nós. Eramos felices, Esta andoriña prometía paz en cada intre que as situacións nos permitían roubala ao espazo onde voa habitualmente.

E eu inventaba arrolos:
                Arrerrá, arrerrá, que hoy viene tu papá
               Arrerré, arrerré, que no me gusta el café
  Arrirrí, arrirrí, son mis besos para ti (…)
e así cos sons das distintas vogais.

A toleirada estaba incrustada nos meus /nos nosos sentimentos. Non había tregua neste sentido.Ela seguía revoando con movementos tenros, máxicos, inagardados que iamos descubrindo nas súas traxectorias polo aire. Encollíasenos o corazón de felicidade, de incredulidade. Unha andoriña grácil e lixeira que nos adozaba a existencia.

E os arrolos nunca tiveron tanta presenza en min como desque a andoriña voa ao noso redor. Nunca. Malia ter feito algúns. Agora venme á memoria a fermosa nana de José Ángel Valente, que canta maxistralmente Paco Ibáñez. Sen me decatar, téñoa na boca a miúdo.
               
               Que no venga la mora,
               la mora, con dientes verdes.
              Toda la noche, mi niño,
José Ángel Valente
              ligero, duerme.

             Duerme ligero, mi niño,
             que si la mora viene,
             en el sueño escondido
            no podrá verte.
           
            Ea, ea, ea.

           La mora grande,
           la mora, con dientes verdes,
           no llames a mi niño,
           ni lo despiertes.

           Ea, ea, ea.


A néboa mesta, que cobre o máis alá da miña existencia, non existía na Terra dos Paxaros Tenros.
Mais houbo que voltar. Bágoas coma vidros que feren diante da ausencia. De novo a distancia obriga a sentir dende lonxe, a recibir fragmentos vivos dos voos, a cobizar os olores, os sorrisos inventados ou non, os ollos vivos dunha andoriña que pode ser unha das principais razóns para a miña reconciliación co mundo que tan pouco me agrada.


E lémbrome, xa no meu espazo de vida, dun libro antigo que me custara 250 ptas. O nome, El sol, la luna y las estrellas. O seu autor, Salvador de Madariaga, quen escribiu á súa neta Beatriz uns romances  “por se outros avós llelos queren ler aos seus netos”.
É un libro fermoso publicado en 1974 aínda que escrito en 1954.

E comeza así:
                

Salvador de Madariaga
               El sol quería bañarse
               Porque tenía calor.
              Llevaba el calor por dentro.
              La Luna se lo advirtió;
              Pero el Sol no le hizo caso,
              Ni siquiera le escuchó,
              Porque el calor que tenía
              Le quitaba la razón,
              Y hacia el caer de la tarde
             Se tiró al mar y se ahogó.
             Al ver que se ahogaba el pobre,
             El cielo se oscureció,
             Las estrellitas lloraban
             Lágrimas de compasión;
             Negro todo el mar se puso
             De tristeza que le dio.
             Sólo la Luna en el cielo
             Muy serena se quedó.
             “No os asustéis – les decía -,
             Que no hemos perdido al Sol.
             Mañana de mañanita
             Saldrá por otro rincón,
             Más fresco que una lechuga
             Con el baño que se dio.” (…)


E así seguen uns belidos romances cunha chea de versos que fan as delicias dos lectores.




Estamos sentados a muller que me ama e mais eu mirando o mar.
Voan as gaivotas, algunhas ben pequenas.


As ondas veñen e van e a escuma semella sorrir.
E nós cremos ver entre as nubes unha andoriña pequerrechiña que, temos a sensación, voa torpemente e quere chamar a nosa atención.
Soñar non custa nada.
Con saber  que voa noutras terras,chea de felicidade, xa nos damos por satisfeitos.


 E sinto que, de seguir todo desta maneira, logo vou abrirme ao mundo de novo e sorrir feliz.
Será así?  Agardemos.  O que poden chegar a facer as andoriñas!

                                                                                  O VELLO SOÑADOR

 
                                          

miércoles, 30 de octubre de 2013

FIESTRA ABERTA (2)




Volvemos a abrir a fiestra. Mellor dito, sempre está aberta.
Desexamos que vos animedes a entrar, a través dela, ao mundo máxico da literatura.  Que nos contaxiedes cos vosos escritos, que nos amosedes as vosas experiencias, os vosos poemas…
Se traspasades a fiestra, o mundo será moito máis rico, máis levadeiro, máis de cada un de nós e de todos en conxunto.
Compartide sen medo aquilo que vos gusta.
Todo ten cabida se aproveitades que a fiestra está aberta.


Recollidos nun libro “Poesía. Verdemar”, alumnos deste centro foron escribindo poemas ao longo dos anos. Creación feitas con 3, con 10…anos. Unha marabilla de publicación e magníficos poemas.

Vexamos unhas mostras:
Unha chica
se enamoró
de Ramón
y le sonaba
el corazón.
         
             (Andrea. 4 anos)


Un pulpo y un cangrejo
se hicieron amigos
y se dieron un beso.
          
           (Pablo. 3 años) 


Do ano 1977, temos un libriño editado polo colexio público (chamado daquela Nacional)  “Couceiro Freijomil”, con poemas e narracións de alumnos de EXB!!! De toda Galicia.  Velaquí, como curiosidade, este poema dun rapaz de 8 anos, Carlos Moreira Vilariño, do C. “Nacional” Mixto “Concepción Arenal” de Fene (A Coruña):

A FROR

¡Froriña pequeniña!
Dúrmete pequerrechiña
que a noitiña chega.
¡ a miña meniña
Vai por ti;
Non fuxas miña meniña!
¡Vai por ti!
¡Vai por ti!
Miña meniña,
non lle toques
que é mui pequeniña!


Os nenos de 2º ciclo de Primaria, no CP Mosteiro de Caaveiro, nas Neves- A Capela, traballaron o meu libro “As catro estacións”. Coas estruturas dos poemas fixeron estas mostras que non levan os nomes dos autores/autoras.
      
     Pregunteille a un peixe:
-              ¿Qué é o mar?
-                Algo que nunca
se poderá calmar

******************

Milleiros de andoriñas
alá polo marzal
comían moitos vermes
comían moito pan.

******************

Vin
Engaiolantes
Rosais
Adornando
No xardín.


Dous alumnos do Colexio Possumus de Vigo, escriben poesía pola súa conta. Leamos os seus poemas:

Quiero dibujar,
dibujar sonrisas,
canciones cantar
al son de la brisa.

Quiero soñar,
soñar sueños,
melodías bailar…
melodías sin dueño.

Querer todo,
querer nada.
Pensar, soñar,
dibujar y bailar.

********************

Mi corazón está atrapado
en una caja musical.
Mi corazón está “enjaulado”
en un árbol “caricial”.*

Mi cabeza está atrapada
en la bruma del mar.
Canta canciones de hada,
canciones por las que soñar.

*Palabra inventada. Significa el árbol de las caricias.
                                          
                                                       (Nicole Doural Domínguez, 14 anos)


E agora, Iago Álvarez Clemente, 13 anos.


LÁGRIMAS DE FUEGO

Lágrimas de fuego,
que bebo con mis labios,
que saben a sal,
con color de arco iris,
con mil silencios,
tus lágrimas…
Que me hacen sufrir.

******************

QUERERTE

Cada día te quiero,
un día te respeto,
otro te admiro,
otro te sueño,
pero siempre te quiero,
porque amanecer es quererte
y estar sin ti, mi muerte.





E para rematar, non para pechar a fiestra, que sempre estará aberta, un poema de Raúl Leiro Sánchez enviado ao noso enderezo. Non pon a súa idade, pero este é o que nos enviou:

Non sei se é tarde
pero non puiden chegar antes.
O meu barco de vela
naufragou no mar
doutros brazos
aos que ti me guindaches
coma unha pedra, si, coma unha frecha
sen  diana.
Non sei se é tarde.
Pero xa non sopra o vento do nordés
como cando buscaba o refuxio dos teus beizos.