Páginas

sábado, 24 de agosto de 2013

SENTADO CON PESSOA ( I ) Carlos Marzal

 
Sentar con Pessoa é un pracer. Sentes a súa presenza só con rozar o seu corpo. Incrible.
Pessoa é un dos escritores máis fondos e con maior intensidade que coñezo.
Calquera dos seus heterónimos conmóveme. Interésame a súa poesía enigmática, definitoria da lingua portuguesa. Unha poesía que se centra, moi a miúdo, entre a verdade, a existencia e a identidade.
É un poeta universal, heroico, mítico, que nos dá unha visión da vida, múltiple e unitaria ao mesmo tempo.
Poeta contraditorio, a súa vida foi moi discreta. De aí o valor que eses heterónimos que creou sexan obxecto de múltiples estudos para comprender a súa obra.

Pessoa, nun dos seus poemas, dixo que o poeta é un finxidor de si mesmo e que os diferentes personaxes aos que dá vida, as súas voces dialogan, representando distintas cosmovisións.

Sobre Fernando Pessoa, Octavio Paz afirmou: "Nada na súa vida é sorprendente, nada agás os seus poemas". Non podemos esquecer que o poeta e ensaísta mexicano opinaba que os poetas non teñen biografía. Que a súa verdadeira biografía é a súa obra. Para el, o caso do poeta portugués ratificaba esta opinión.

Ben, pois cada semana vou sentar con el no café A Brasileira, no Chiado, en Lisboa e vou ler un libro de aforismos. Un xénero que me gusta moito e que o dicionario da RAG define como "un enunciado conciso e breve, que pode estar fixado ou non na forma e que resume un punto esencial dunha ciencia, filosofía, moral, etc."

Definicións á marxe, non che me gustan moito, cada semana estarei con Pessoa, tomarei un zume de laranxa e lerei un libro de aforismos, máximas, sentenzas ou como se lle queira chamar. Eu, aforismo. Encántame esta palabra.

Hoxe estiven a ler o libro La arquitectura del aire de Carlos Marzal (Tusquets, 2013).

E deste libro elixín estes cinco aforismos.





. Hay cosas que las debe escribir la mano para que las pueda dictar el corazón.


. La vejez le da miedo por lo que es , en lugar de inspirarle confianza por lo que ha llegado a ser.


. La amistad es la más hermosa de las flores carnívoras.


. A nadie le resultan demasiado graves sus defectos, en especial el de no considerar sus defectos como demasiado graves.


. Escritor no es quien escribe para luego marcharse a vivir, sino quien no puede entender el hecho de vivir sin escribir.
 


                             *************************