Páginas

viernes, 17 de mayo de 2013

ESCAPARATE POÉTICO (XII) Marta Dacosta





MARTA DACOSTA   (Vigo, 1966)


E chegar tan a modo
contra esa luz do día,
con corpo de muller,
lastrado de pasados.
Tan a modo
con ese peso enorme,
tan a modo
sobre a tona do tempo.




A noite era un deserto
sen nubes nin estrelas,
nin existía o vento.
Unha nena en silencio
esgota a súa culpa
na estirpe da femia mutilada.




Se me paro un instante no vértice da escuma
recupero o meu corpo contra o vento salgado
e tamén a consciencia. A consciencia da tarde.
No outro lado da praia aínda está a casa
e non podo saber cómo cheguei aquí,
onde as rochas agardan o final da marea.






(Do libro  Setembro, editado pola Editorial Galaxia. 1998)