Páginas

jueves, 16 de mayo de 2013

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (X)




RAFA VILLAR  (Cee.A Coruña. 1968)


vira e vira
a terra arredondada
arredor do larpeiro sol
laranxa e limón
Rafa Villar

verde  negra  azul
a terra dá voltas de buxaina
e nacen á luz os días

o planeta é un mar inmenso
que navega no espazo
sen rumbo nin compás

cando chega a noite
esfarélanse as estrelas
como pingas pingalleiras
e esna quizan o ceo

eu cóntoas cos dedos
unha  dúas  tres
catro  cinco  seis

estrelas que tremen
estrelas que estouran
estrelas que alumean
coma lumaradas na noite de san xoán


*************************
 

as mañás saben
a lagañas prendidas nos ollos
a colacao con galletas
a cara lavada
ao bus da escola afastada

se o sol debuxa o horizonte
as mañás xogan á mariola
e as beirarrúas amencen ao noso paso

se as nubes cospen chuvia
son os torpes paraugas
os que agochan o novo día

cando vai frío
no canto de cinco dedos
as mans tremen coa chegada do inverno



(Do libro Acuarelas, editado pola Editorial Galaxia, 2009)