Páginas

sábado, 4 de mayo de 2013

ESCAPARATE POÉTICO (X) Raúl Gómez Pato




RAÚL GÓMEZ PATO  (1966, Velle – Ourense)



MERLO


Abrochou un absceso lóbrego no teu canto,
Poeta inservíbel,
Un indicio que semella residuo de papel hixiénico,
Por moito que te empeñes,
Afónico merlo,
En contrastar as túas ás pretas de tinta
Contra o solpor dourado do papel,
Considerándote un acorado tigre
Que cicela na súa pel
As raias que os vocábulos
Van dispersando na túa acrobacia fútil.
Vai calando xa,
Desafinado paxaro.
Atópaste canso.
Mañá será outro día.




ELEFANTE


Ti dedícaste a facer a guerra pola túa conta
E eu sigo a combater recordos,
Enormes coma cranios de elefantes,
Que xa teñen empenada a madeira
Dos andeis onde os fun acumulando
Antes que a couza os mastigue.









(Do libro Tratado de Zooloxía para corazóns mancados, editado por Positivas, 2009)