Páginas

martes, 14 de mayo de 2013

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (IX)







YOLANDA CASTAÑO  (Santiago de Compostela, 1977)


Todos eses namorados
teñen parvo o corazón,
Yolanda Castaño
collen unha margarida
e danlle a ela a razón.


******************


Hai unha planta malvada
que non vas poder crer:
váiselle pousar un becho
e axiña vaino comer.


*********************


Contemplando esta fermosa
 suave flor do algodón,
faime graza que puidese
converterse nun calzón!

*********************

 
Mantense ergueito o carballo
e en mil anos non dá morto,
alén diso, as súas landras,
tamén manteñen os porcos

**************************

Din que o cardo non é lindo
mais, por que feo vai ser
se se adianta á primavera
e é o primeiro en florecer?



(Do libro Verdedades, editado por Biblos, 2012)