Unha nova sección chega a Versos e aloumiños.
O seu nome: ESCAPARATE POÉTICO.
Nel, terán cabida poetas de calquera lingua, cuxos poemas
teñan un valor literario claro.
Cada tres días, un ou dous poemas aparecerán neste espazo.
Poñeremos a cuberta do libro de onde se escollen os poemas.
Non pretendemos apropiarnos de nada. Queremos dar a coñecer
homes e mulleres que fan boa poesía e
que deben ser valorados polo que escriben.
Non falaremos da súa vida, da súa obra nin dos seus méritos.
Toda esa información está nos libros ou en internet, onde se pode consultar
todo sobre os autores e autoras. Os poemas aparecerán espidos para ser
degustados (ou non) polos lectores e lectoras, atendendo á forza da poesía e aos versos
que os poetas propoñen para que este xénero sexa un pouco máis valorado.
Haberá poemas infantís e de adultos sen distinción. A boa
poesía non ten adxectivos.
Haberá poemas en galego, en castelán, en portugués, en
catalán, en éuscaro, en inglés, en francés ou en calquera outra lingua, na que
a poesía poida expresar a súa dignidade como xénero.
Non cremos en linguas de primeira ou de segunda categoría.
As linguas son todas da mesma categoría porque son o medio de comunicación dos
seres humanos, forman parte e definen a cultura deses pobos que as falan e representan
a súa identidade como individuos e como sociedade.
(Se algunha editorial se sente molesta pola utilización
destes poemas, que, por favor, nolo faga saber e os eliminaremos deste
escaparate que pretende ser amplo e diverso.)
ESCAPARATE POÉTICO
é un esforzo máis para achegar a boa poesía ás persoas que a necesiten.
Hoxe comezamos con CELSO EMILIO FERREIRO (Celanova,1912 – Vigo, 1979)
POETAS
¿ Pra que
ser poeta
en tempos de
miseria?
Para bercerlle
o sono aos poderosos,
para ser
hóspede do do home,
para que
cada día seña
o primeiro
do mundo.
Pásate á
miseria, faite un Cristo
para construir
o lirismo da fame,
a teoría dos
himnos violentos,
o tema do disprecio
e da iracundia
-
dies
irae, dies despicio –
a metáfora
do trunfo ineluctábel.
A poesía é
unha fogueira,
queimémonos nela.
Para eso tan
soio
son os
antipoetas.
¿Mas houbo
algunha vez
un tempo sen
miseria?
(Do libro Dun
tempo, dunha terra. Antoloxía poética galega. Selección de Gonzalo
Navaza. Ed. Tambre)