Oita |
Oita é unha persoa curiosa e entrañable. Curiosa, porque ten unha
chea de inquedanzas que, se non o coñeces ben, podes ignorar e sería unha
mágoa. Entrañable, porque é alguén sensible, próximo, que goza conversando coas persoas sobre diversos temas. Quere os seus amigos e sente por eles. O que lle
pasa a un amigo, pásalle a el.
Oita é un verdadeiro artista en
proceso de continua evolución. Ceramista, comparte taller con outros/as
artistas coas mesmas ilusións ca el. Visiteino tempo atrás e encantoume. Alí, respirábase
arte por todos os recantos. Chámase este lugar Espacio Cerámico. A Oita gústalle facer escultura e
denvolve con Francisco, amigo oleiro, traballos de cerámica útil: cuncos, olas,
vasillas, pratos, viradeiras, etc. Cando
traballan xuntos adoptan o nome de Dúas
testas.
Oita séntese libre e a gusto facendo cerámica. Vistos os
resultados, non me estraña. Pero confesoume que o que máis lle gusta é pintar.
Ademais, e iso únenos, Oita é un apaixonado da música dende
sempre. Posúe un gusto musical exquisito. Non pode traballar sen ela. Se está
no taller, pon Radio 3 e música electrónica. Na súa casa, música de todo tipo.
Iso, si, dunha calidade incontestable. Cando nos poñemos a falar de cantantes
ou grupos, a conversa resulta un pracer enorme.
Oita sabe da miña paixón por Bob Dylan.
Oita é tan xeneroso, que xa me fixo dous agasallos artísticos e
outro, sorprendente.
Guitarra debuxo dylaniano |
Hai xa uns anos, regaloume unha
guitarra en cerámica fermosísima. Era unha creación propia dun debuxo de Bob
Dylan, sacado dun libro de cancións, poemas e debuxos variados do xenio de Minnesota.
Unha obra maxistral, que ocupa un lugar destacado na miña sala.
Uns días atrás, chamoume para
dicirme que tiña algo para min. Quedamos na miña casa. E chegou con outra obra
de arte. Sobre madeira, que leva escitos en grande uns versos da canción Like a rolling stone coa letra
manuscrita do músico, vemos unha figura en cerámica, que é un mozo de fasquía
moderna e cunha camiseta coa cara do artista. A obra chámase, como non!, Dylanita. Fiquei emocionado. É un
traballo de grande imaxinación e dunha calidade extraordinaria. Xa está colgado
na parede do salón. Este home faime feliz. E se a isto lle engadimos que me
agasallou a folla oficial, atopada por un amigo no escenario, coas cancións que
Bob Dylan cantou no seu concerto de Vigo, quero reafirmar unha das facetas máis
salientables de Oita: a súa
xenerosidade.
Parolando con el na miña casa,
decidín facerlle algunhas preguntas, para coñecer mellor algúns dos seus
gustos. Oita aceptou encantado e
respondeu, coma nel é habitual, con
sinceridade.
E comezou dicindo que, para el, un artista é alguén que o que
leva dentro necesita transmitilo, expresalo si ou si, sen intentar buscar o
éxito. Ese éxito cara ao que esta sociedade te empurra. Iso sería, para un artista,
un erro. E non debemos esquecer que todo éxito é algo relativo.
Aproveitei a súa boa disposición
para facerlle toda unha chea de preguntas curtas. Foi moi interesante e
divertido.
-
A túa canción favorita: Lay Lady Lay (Bob Dylan)
Dylanita |
-
Un álbum musical: Tonight's the Night (Neil Young)
-
O teu músico:
Neil Young, Bob Dylan e John Martyn
-
Un grupo musical: The
Band
-
Unha película:
Un hombre tranquilo (John Ford)
-
E musical?
: The Last waltz (Martin
Scorsese)
-
Unha cantante:
Joni Mitchell e Billie Holiday
-
Un músico de jazz: Miles Davis
-
Un concerto en directo: Ambos en Vigo, o de Eric Burdon e o de
Leonard Cohen.
-
Un músico de blues: T-Bone Walker
-
Un cantautor español: Pablo Guerrero
-
Un compositor clásico:
J. S. Bach
-
Un escritor favorito: Jack Kerouac, William Burroughs
e Ánxel Fole. Encántame “ A lus do candil”.
-
Un poeta:
Walt Whitman, Allen Ginsberg e García Lorca.
-
Un libro:
León, el Africano (Amin Maalouf)
-
Un pintor:
Francis Bacon.
-
Un escultor:
Juan Muñoz e Giacometti.
-
Unha cor:
A cor do mar.
-
Unha ilusión:
Viaxar. Non deixar de moverme.
-
Unha viaxe pendente:
Cruzar os EE.UU. de costa a costa, cunha parada obrigada en Nova
Orleans.
-
A quen borrarías do mapa? Os
imbéciles intolerantes.
-
Que eliminarías da sociedade? Todas as relixións.
Dylanita xa cologado na parede |
-
Con que personaxe histórico comerías un arroz
con verduras? Con Ghandi e o Che Guevara.
-
Con quen non tomarías nin sequera un café? Con Aznar.
-
Un actor:
Paco Rabal e Charles Laughton.
-
Unha actriz:
Lauren Bacall
-
Un director de cine:
John Ford
E, sen que eu lle diga nada, dime: Gústame moito Brian Eno. É un músico que sempre vai por diante.
A este home marabilloso, a este artista por convicción, doulle as grazas por ser como é.
Antes de despedirnos dime que agora quere facer gravados. O que eu dicía. Inquieto. Sempre dándolle voltas á cabeza. Sempre imaxinando para crear. Seguro que fará cousas fermosas. Sente todo o que fai.
Grazas, amigo, por todo.
Con Oita e a súa obra na miña casa |
ANTONIO GARCÍA
TEIJEIRO