Un momento da conversa entre Antonio García Teijeiro e Rafael Narbona |
O pasado 10 de abril no Club
FARO DE VIGO tiven a fortuna de presentar unha persoa e un libro excepcionais.
O prestixioso escritor, crítico
literario e periodista cultural, que foi profesor de filosofía, Rafael
Narbona mantivo comigo unha interesantísima conversa arredor do seu libro Maestros
de la felicidad. De Sócrates a Viktor Frankl, un viaje único por la
historia de la filosofía, editado por Roca Editorial.
Rafael Narbona no CLUB FARO |
Maestros de la felicidad é ,
ante todo, un libro sobre a esperanza. Pretende confortar, serenar e curar; ou
sexa, exaltar a vida.
Cando rematas de ler esta
marabillosa obra, un sente o optimismo e a forza interior para abandonar os
intres máis escuros e chegamos a comprender a lucidez nos nosos actos.
É un percorrido polas
distintas etapas da historia da filosofía dende o punto de vista do autor, de
quen descubrimos emocionantes fragmentos da súa vida que nos animan a superar
os atrancos que sufrimos dun xeito optimista como el foi superándoos a través
dos anos.
A conversa foi gravada en
audio e Versos e aloumiños preséntaa completa para desfrute das e
dos nosos lectores.
Podedes ver ademais o vídeo
cunha reseña miña sobre Maestros de la felicidad, que fixen para a canle
de Antón García Fernández, incluída na sección El envés de la página.