Lonxe de ser unha música
estática, o jazz é un xénero musical en constante evolución. Dende o jazz máis
clásico ao free e á fusión, o jazz segue interesando a moitos melómanos que non
poden fuxir do meigallo que as notas de saxos, de pianos, trompetas, fiscornios,
baterías, órganos, timabais, clarinetes e demais instrumentos deixan no máis
fondo dos amantes desta música expansiva e ateigada de vizosas improvisacións.
Estase a lamentar, entre os seguidores do
jazz, que as novas xeracións non o escoitan. Que hai magníficos músicos mozos
cheos dunha creatividade enorme e dun magnetismo musical que conmove. Os máis
pesimistas temen que se convirta en música académica, de estudo, pero non de
emocionar en vivo en concertos memorables.
Non vou negar que este temor é fundado;
porén, un aínda cre na maxia da música e desexa que as cousas vaian por canles
máis optimistas.
Como o catedrático da Universidade de
Tennessee, Antón García Fernández, afirma, hai unha conexión evidente
entre jazz e poesía. Tardaron os poetas en decatarse da profundidade deste
xénero pero hai xa mostras sólidas de que o jazz, como boa música que é, prendeu
no discurso poético dos escritores, amén do gran Cortázar, case un
precursor literario, con páxinas memorables arredor do xénero jazzístico. O
profesor García Fernández deu, na Universidade, en Martin, unha fermosa
conferencia sobre este tema, deixando ben claro a súa opinión, sen dúbida moi
acertada.
Eu sentinme atraído polo jazz nun momento
determinado da miña vida e tiven a necesidade de escribir algúns poemas que
evocan a grandes instrumentistas, figuras do ceo musical jazzístico.
Son algúns deles os que deixo aquí
embaixo, para que os poidades saborear e co desexo fondo de que os digan algo. Pertencen ao poemario Na agonía dos outonos en silencio (Ed. do Castro, 2002)
Amor con Saxo
con sexo
con desexo
Seres beixos
medos
Sexo
e
Saxo
Sexo de saxo
Solo de saxo
nun recanto da vida
Johnny
Hodges reclama a mirada de
quen non cre nas
intencións inocentes
|
Johnny Hodges |
dun saxo.a través dos
cristais opacos
a emoción perdida
dunha muller sen roupa
desvía do seu labirinto
as testemuñas secas
da dor ben coñecida.
The very thought of you pérdese sentimental
entre as sabas dun
leito castigado polos fracasos.
soa sereno Lester Young.
|
Lester Young |
mergúllase nas
pucharcas do fumeThese foolish things, esa tenra melodía
que busca borrar a paisaxe
ferinte
daqueles que se
aforcan sen máis
no ritmo monótono do
medo.
Nunha radio, as
notas de More than you know
devoran
a friaxe dos xestos
|
Coleman Hawkins |
erótica mansedume sobre o leito ocupado
por un solo de Coleman Hawkins
nunha noite en que
dous seres
chegaron a comprender
a inutilidade de
matar o amor.
sempre sentiu a
culpa
de tela querido
fondamente.
|
Charlie Parker |
culpable ou nonamouna no conflicto
perenne
de quen non deixa de
convivir
coa catástrofe.
ó fondo Charlie Parker tocaba
Don’t blame me, funesto presaxio
dos turbios desexos
que alguén deixaba
morrer
sobre o negro tapete
da indiferencia.
¿chega a ser inútil
un beixo
|
Ben Webster |
nos labios desa
muller que se volve romántica
cando Ben Webster ataca desde dentro
as primeiras notas de Once in a while?