Dous encontros diferentes
neste mes de maio.
O primeiro tivo lugar no
CEIP “Virxe do Rocío” con nenos e nenas de 1º de Primaria.
Moi adiantados, tanto que
leron e traballaron Poemar o mar.
O encontro amosou o
enorme traballo relizado polo profesorado perante un poemario. Un é feliz cando
ten coñecemento de que se prescriben libros de poesía nas aulas. Non é
habitual. Segue a haber moito medo diante dos textos poéticos.
Lemos, xogamos e
apareceulles Maaaartiño, o monicreque mariñeiro, pescador de letras, que fixo a
delicia da rapazada.
Houbo un vídeo realizado
na aula, no que os pequenos recitaron un poema por grupos.
Moi interesante foi tamén
o labor de recreación dun poema que eu escribira especialmente para o centro
uns meses atrás. Nenos e nenas fixeron poemiñas moi lindos.
Velaquí o poema:
EN VIGO
Para
o CEIP Virxe do Rocío
Andaba o Sireno
na Porta do Sol
lembrando sereas
Cen barcas deixaban
na ría de Vigo
de prata, ronseis;
cantigas de amigo.
Os nenos e nenas,
cos lapis nas mans,
pintaban Samil
soñando o verán.
E cando á tardiña
envólvense as Cíes
de maxia e de cor.
Uns días de inverno
a choiva caía
no monte do Castro,
na ermida da Guía.
E mil algaradas
enchían as rúas,
as costas, o porto,
Ai, Vigo, cidade,
cidade fermosa,
co rostro de seda.
Cidade de ferro
moi viva e moi leda.
O segundo encontro tivo
lugar no CEIP “Alfonso R. Castelao”. Cincuenta nenos e nenas de 1º de Primaria
coñeceron a historia de Honorato, un rato namorado da lúa, que, tras aparecer
na rúa metido nun calcetín, vive na biblioteca da miña casa e escribe versos
coma os do gran poeta Frederick.
Leron e seguen a facelo, o libro Honorato, o rato namorado, editado por Xerais.
Recitados, xogos orais e
a visita final de Maaartiño, o pescador de letras, ocuparon unha hora gozosa de
literatura.