Introducció
Non era de creure
nin désperar,
que no es por veure
ni es pot tocar
va dur la pena entre la gent,
la malaltia, el patiment.
Durant un temps,
tothom a casa ens vam quedar.
Es declarà rotundament
l´estat d´alarma.
Confinament.
Nestes
tempos duros de pandemia resulta un agasallo precioso recibir e ler o poemario
de M. Dolors Pellicer, Versos de portes obertes, ilustrado
por Josep Ferrer e editado por Iglú.
A poesía de M. Dolors é sempre dinámica,
chea de ritmos, moi musical e capaz de crear axiña a complicidade co lectorado.
Pola
súa sinxeleza, pola emoción que desprenden os versos, pola musicalidade e a
intención literaria, Versos de portes obertes achega un estado de
ánimo poético que atrapa.
Son
as sensacións dun confinamento feitas palabras e, xa que logo, versos. Son
poemas que na súa primeira parte nos transportan a unha certa decepción por ese
becho que nos cambia a vida (pero vitais, iso sempre) e na segunda, son poemas
de esperanza e de maioir ledicia.
A
autora nunca perde a ilusión e contaxia co seu discurso poético os lectores e
lectoras que logo entran nese espírito lúdico que, con versos curtos, coma
golpes suaves -mais persistentes- recibimos meses duros momentos de illamento.
O tempo vivido fica retratado nuns versos que precisan respirar e respiran. Son
versos cun gran sentido lúdico e, á vez, dun exquisito lirismo. Quen le este
poemario sente a frescura da boa poesía e retoma unha esperanza quizais
perdida.
Decote
quedan abertos os poemas para gozar da palabra literaria e deixarse levar pola
intelixencia sensible da poeta.
O poemario, ilustrado por J. Ferrer, está
salpicado de debuxos dunha expresividade contaxiosa que alegra os ollos de quen
se detén neles. Contundentes, de liña grosa poñen o punto de diversión que precisa
un libro coma este.
Pescant paraules
en oceans llunyans
hem trobat mons.
No oblidarem els mots
que ens han fet ser qui som.
ANTONIO
GARCÍA TEIJEIRO