Páginas

viernes, 11 de diciembre de 2020

JOÃO MANUEL RIBEIRO CONVERSA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO SOBRE POESÍA E O SEU LIBRO "AS COUSAS QUE FAZ O MAR"


Un momento da conversa entre João Manuel Ribeiro e Antonio García Teijeiro





Falar con João Manuel Ribeiro é un verdadeiro pracer. Narrador, poeta, tradutor e editor, Joao Manuel Ribeiro ama fondamente a literatura e a súa didáctica.

Dende a editorial Trinta por uma linha, non só edita libros dun enorme interese, senón que abre espazos para que a palabra literaria pouse nas persoas interesadas e que docentes e outros axentes do feito lector poidan ampliar os seus coñecementos.

Trinta por uma linha  publicou hai algún tempo unha antoloxía en portugués da miña poesía: As coisas que faz o mar. Era un fondo desexo arelado por min e que me produciu unha fonda emoción. João Manuel fixo a selección e a tradución dos poemas. Marabilloso!

Amo Portugal, a súa literatura e a súa cultura en xeral. Amo as súas xentes e os seus lugares. De aí esa íntima e profunda ledicia ao ver os meus versos en portugués.

Sobre este tema e outros moi variados conversamos o xoves 29 de outubro a través de internet. Foi unha conversa sincera, rica, aberta nun ambiente encantador.

Aquí embaixo tedes o que deu de si, por se vos apetece vela e escoitala.

Versos e aloumiños tiña que publicala porque é un verdadeiro tesouro para nós.

Prezado João Manuel, obrigado polo teu agarimo.