Nestes días de obrigado confinamento, nos que a incerteza e o desacougo se trocan en protagonistas da nosa vida cotiá, a poesía adquire aínda unha maior importancia. E é precisamente por esa razón que Antonio García Teijeiro está a gravar, na súa casa no centro de Vigo, unha serie de vídeos nos que recita versos contidos nalgúns dos seus libros, agardando que a poesía faga para toda a xente máis levadeira a estancia entre esas catro paredes. Nun destes vídeos, un bo amigo de Antonio, o monicreque mariñeiro Martiño, recita uns poemas de Vento, ventiño, venteiro (Edicións Xerais), mentres que no outro, o propio Antonio escolle uns versos de Paseniño, paseniño (Edicións Xerais).
VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO (con Martiño)
PASENIÑO, PASENIÑO