Como xa vimos hai uns días, o monicreque Martiño está a pasar unha parte do confinamento lendo poesía e partillándoa cos nenos e coas nenas. Cando Antonio García Teijeiro non se dá de conta, Martiño rube polos andeis da biblioteca persoal de Antonio e mergúllase en sons, palabras e versos. E neste vídeo podedes velo recitando catro poemas máis que se atopan entre os seus preferidos, tirados de varios poemarios de Antonio. A ver que vos parecen! Agardamos que axuden a facervos máis entretidos estes días nos que todos temos que ficar na casa.
Páginas
▼
martes, 28 de abril de 2020
OS POEMAS DE MARTIÑO — Segunda parte
Como xa vimos hai uns días, o monicreque Martiño está a pasar unha parte do confinamento lendo poesía e partillándoa cos nenos e coas nenas. Cando Antonio García Teijeiro non se dá de conta, Martiño rube polos andeis da biblioteca persoal de Antonio e mergúllase en sons, palabras e versos. E neste vídeo podedes velo recitando catro poemas máis que se atopan entre os seus preferidos, tirados de varios poemarios de Antonio. A ver que vos parecen! Agardamos que axuden a facervos máis entretidos estes días nos que todos temos que ficar na casa.
miércoles, 22 de abril de 2020
OS POEMAS DE MARTIÑO — Primeira parte
Estes días de confinamento están a pasarnos factura a todos, en diversos sentidos e sen excepción. E o mesmo pode dicirse do monicreque Martiño, un mariñeiro que navega todas as noites na procura de letras coas que formar palabras que se convirtan en poemas. Pero nestes días nos que non pode saír no seu barco, o que máis lle gusta a Martiño é ler poesía e partillala cos nenos e as nenas. E iso é precisamente o que fai neste vídeo, no que recita lizgairo algúns dos seus poemas favoritos de Antonio García Teijeiro. A ver se vos gustan!
miércoles, 15 de abril de 2020
VERSOS NO CONFINAMENTO IV : Vento, ventiño, venteiro e Paseniño, paseniño
Nestes días de obrigado confinamento, nos que a incerteza e o desacougo se trocan en protagonistas da nosa vida cotiá, a poesía adquire aínda unha maior importancia. E é precisamente por esa razón que Antonio García Teijeiro está a gravar, na súa casa no centro de Vigo, unha serie de vídeos nos que recita versos contidos nalgúns dos seus libros, agardando que a poesía faga para toda a xente máis levadeira a estancia entre esas catro paredes. Nun destes vídeos, un bo amigo de Antonio, o monicreque mariñeiro Martiño, recita uns poemas de Vento, ventiño, venteiro (Edicións Xerais), mentres que no outro, o propio Antonio escolle uns versos de Paseniño, paseniño (Edicións Xerais).
VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO (con Martiño)
PASENIÑO, PASENIÑO
martes, 7 de abril de 2020
VERSOS NO CONFINAMENTO III : Poemar o mar e Palabras do mar
O mar ten sido sempre fío condutor de moitas das composicións poéticas de Antonio García Teijeiro, que se sente ben fachendoso de que sexa precisamente un dos seus poemarios mariñeiros, Poemar o mar (Edicións Xerais), o que lle valese o Premio Nacional de LIX do pasado ano 2017. Nestes días estraños de confinamento, Antonio ofrécevos dous vídeos nos que recita versos de Poemar o mar e doutro libro seu que tamén ten o mar como leitmotivo, Palabras do mar (Edicións Embora).
POEMAR O MAR
PALABRAS DO MAR
POEMAR O MAR
PALABRAS DO MAR