Páginas

lunes, 8 de julio de 2019

VÍDEO SOBRE A MEDIACIÓN POÉTICA con ANTÓN GARCÍA-FERNÄNDEZ





O tema da mediación é algo que me interesa especialmente. E lévame interesando dende hai ben tempo porque sei, téñoo ben comprobado, que aos nenos e ás nenas lles gusta a poesía, sempre que haxa un mediador ou mediadora que llela achegue.

     E aí radica o problema: se non hai persoas que crean no que fan, que se apaixonen pola lectura poética, que estean convencidas  firmemente da bondade da lírica na formación persoal do alumnado, estaremos desperdiciando unha oportunidade única de facer gozar a rapazada e de formala moito mellor e gozando.
     De aí que faga especial fincapé neste punto, un día si e outro tamén, nos diversos foros nos que participo.
       
     Lectura en voz alta, selección marcada pola calidade dos poemarios, contaxio do noso entusiasmo e compartir os diversos aspectos da poesía, son algúns dos piares para acadar certos obxectivos.
     
     De todo isto falo con Antón García Fernández, profesor da Universidade de Tennessee en Martin, no vídeo que podedes ver/escoitar deseguido.