PEPE
CÁCCAMO (Vigo, 1950)
Pepe Cáccamo (Foto Kalandraka) |
UN
VERSO PARA CANTAR
A
CANCIÓN DO UNIVERSO.
UN POEMA
PARA
SOÑAR CO SISTEMA SOLAR.
SAÍRON
OS PLANETAS
DUNHA MALETA?
NON. QUE NON.
ELES SON
ANACOS
DE EXPLOSIÓN
DUNHA
NEBULOSA ROSA.
NO
VENTO GRIS DE GAS
QUE VÉN DE MARTE
UN DÍA CHEGARÁS
A
ALGUNHA PARTE.
SATURNO,
FÍXATE NEL.
SERÁ DE SAL,
Ilustración de Berta Cáccamo |
SERÁ DE SOL,
SERÁ DE MEL
A
LUZ DO SEU ANEL?
VOLTA,
VIRAVOLTA,
BRINCO, PIRUETA,
BAILE
DO PLANETA.
NON TE
METAS,
NON TE METAS
NA
LEA DOS PLANETAS.
Ilustración de Berta Cáccamo |
DEIXA
QUE XIREN E DANCEN,
QUE
SE AFASTEN E SE ALCANCEN.
MÍRAOS DESDE A TERRA
XOGANDO
Á GUERRA.
NEVA
EN VENUS, NEVA, NEVA
NOVENTA DÍAS NO ANO.
O
VENTO LEVANTA E LEVA
AS
FOLERPAS PARA URANO.
(Do
libro Sopa de Estrelas, editado por Urco
Editora, 2015)