Foto de Anxo Cabada
Cando me concederon o Premio Nacional de LIX en outubro de 2017, non deixei de reiterar o meu desexo de que este galardón servise para que a poesía escrita pensando nos nenos e nenas estivese máis presente nos fogares e nas casas. E seguirei cantando esta mesma canción día a día, porque non é nada doado acadar este obxectivo.
POESÍA INFANTIL
Encántame esa clasificación de Blanca-Ana Roig ao referirse á poesía para os cativos. Ela di que “poesía é xogo, poesía é música, poesía é conto, poesía é maxia”. Moi atinada a definición, sobre todo se a palabra maxia contén agarimo, sorpresa, afecto e gusto pola palabra ben empregada. Iso e moito máis é a poesía infantil.

De aí que quixese recuperar a columna que escribira
hai tempo n “A Nosa Terra” sobre a necesidade de abrir poemarios infantís sen
medos nin prexuízos. Temo que este asunto non ten unha solución inmediata pero
seguiremos insistindo para paliar esta eiva nunha sociedade que dá as costas
demasiadas veces á expresión dos sentimentos.
POESÍA INFANTIL
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Poesía infantil, poesía para nenos, poesía…Que máis dá!
Cuestións de terminoloxía. O máis importante é falar de poesía.
Para moitos,
a poesía é a expresión da beleza por medio da palabra. A beleza e o compromiso,
os sentimentos, a necesidade dos silencios nos versos, as dobres lecturas, a
conciencia do individual e mais do
colectivo, entre tantas cousas.
Cando
falamos de poesía infantil, debemos ter en conta que non é unha poesía feita
con diminutivos, como ben afirma Pedro Cerrillo, nin unha poesía escrita
cunha linguaxe melindreira, adozada, superficial, fácil.
A poesía infantil
é sinxelamente poesía escrita para que gocen uns lectores en proceso de
desenvolvemento físico e intelectual, con capacidade evidente para ir chegando
a poemas máis complexos que non deixen de emocionalos co paso do tempo. Pero
non é un subxénero nin algo menor. A poesía infantil, como poesía que é, amosa
os mundos subxectivos de cadaquén, cos seus ritmos propios, coa utilización
intelixente de recursos estilísticos ricos e variados, ademais de ter, moitas
veces,un compoñente lúdico, musical, humorístico e, mesmo, surrealista. Na
poesía infantil innóvase. Os poetas rachan moldes, respectan os seus lectores e
son conscientes da importancia dos versos.
Blanca-Ana Roig |