CESÁREO
SÁNCHEZ IGLESIAS (Dadín-Irixo, 1951)
XI
Leve
no voar, palabra ou paxaro a eternidade
acaricia
o instante, os meus labios
acaricia
e cae do outro lado do amor.
O
indicíbel lévame ao que crea a luz. O invisíbel
|
Cesáreo Sánchez Iglesias |
da
primavera cae no centro do verao.
Dixen,
existes se existes
na
luz da palabra en que pousar nómade.
Vives
dentro do aroma do xasmín.
Abro
o armario e sae unha bolboreta, lembra
e
volve o rostro, e transfigura en sombra.
Volve
de nacer aquel rostro que amei. Chove.
A
chuvia óllame cos seus ollos de trapo.
Onde
me levan as brancas ás pregunta por min
e
de novo chove. O voo da luz mente, a sombra
pousa
nas follas de charol e nada perdura.
A
sombra dun pensamento agarda
como
a garza parada agarda.
Compoño
unha figura en branco roto.
Escrebo
para que a noite non morra.
Abro
a pequeña xanela de madeira e busco
nada
que o home busque
no
ceo recén chovido para que volva busco
para
que a lúa veña se é que non está
para
que sexa verdade.
Porque
algo que había e quizais xa non
con
area e cunchas e un pouco de mar constrúe
a
pequeña casa onde me gardar.
(Brahms)
XXI
De
alma translúcida a nube pasa. Chove.
De
tanto ser son lúa de setembro ou noite clara.
O negro piano en silencio agarda.
Figuras anónimas ámanse no instante azul
na
praza pensativa. Alguén fala con quen foi
simula
a vida a soidade pronuncia palabras ocasionais.
Un home e unha muller abrázanse ao se
pensaren.
Lévanme,
na memoria do silencio envólvenme.
Canto non foi hoxe é centro palabra
indescifrábel,
música
intemporal, auga ferida.
Encho a miña voz de silencio. mente a luz.
Anónimas figuras ámanse efémeras aladas
caen
coma
pétalas da tarde caen.
Diante do espello a bailarina danza no
pasado
sen
corpo ámame sinala o alén e non responde.
Desde o outro lado da luz con altas neves
na xanela
fala
o azul e só me entrega a cor.
|
Presentación do libro |
O infinito dime que é un ser solitario ou
lúa
de
corazón roto. De branco pantalón curto
preguntei
á noite se era luminosa flor.
Vin nacer o instante, cos ollos aínda sen
abrir
incapaz
de ollar o silente branco.
Vin nacer os misterios da luz que ditan
o
meu destino.
(Erik Satie)
(Do
libro Tempo transfigurado, editado
por Kalandraka
na colección Tambo. 2017)