MARÍA XOSÉ LAMAS (Vilalba, 1961)
SONETO…
Á BEIRA DO RÍO
AXEONLLADA
NAS LASTRAS xa gastadas,
á
beira das ruínas dun muíño,
María Xosé Lamas |
sinto
nas mans o xeo deste río,
e
aspiro o teu aroma nestas sabas
que
impregnadas de ti e o teu alento
me
devolven ás noites de compaña,
lembrándome
as caricias deseñadas
sobre
a pel posuída polo senso.
Mollo
os lenzos na auga namorada
envexando
os seus dedos sempre fríos
e
mesturo con ela os sentimentos.
Co
tecido e a pedra en desafío,
vou
lembrando os gozos e as palabras
que
o fluído empurra río a dentro.
SONETO
… SEN TI
FÁLTAME A TÚA PEL para cubrirme,
os
teus ollos de luz na escuridade,
as
túas verbas doces sempre firmes
adobiando
o amor á súa vontade.
Mais
estarei contigo na penumbra,
agochando
este frío na lembranza
do
teu alento morno e a quentura
dos
teus beizos que acotío me afagan.
Reterei
das túas meniñas doces
a
inquedanza sostida desta ollada
que
me afunde na soidade muda
e
oirei no silencio as nosas voces,
nun
murmurio afogado na almofada,
pronunciando
o amor que nos inunda.
SONETO
… XUNTA O CRUCEIRO
Foto de Carlos Valcárcel |
DENDE
LONXE eu escribo estas palabras
adobiadas
co ardor dos sentimentos;
dende
lonxe estarás nos pensamentos
amparado
co veo da distancia.
Pero
eu síntote á beira do meu corpo
como
pel partillada do espírito,
como
alento en todos os suspiros,
como
celme do corazón exhorto.
E
agardo coma nunca a túa chegada,
a
volta ao niño mol destes desexos
de
abeiro morno e cándida compaña.
Agardo
ese teu peito doce e tenro
para
bicalo, coma sempre fago,
cos
beizos pendurados no eterno.
SONETO
… DA ROSA DE TODOS OS DÍAS
DESPRÉNDENSE
DOUS PÉTALOS da rosa
que
os reciben, ardentes de desexo,
nun
bico de caricia agarimosa.
E
sigo coas xemas dos meus dedos
a
artellar un ramo coa flor murcha
para
gardala con dez máis na furna
onde
xacen os meus fondos secretos.
Baleiro
fica o púcaro agardando
a
que o amor lle achegue azos vermellos,
de
amenceres cada día orballados;
de
praceres constantes mesturados
cos
anacos de tempo e os seus vencellos
partillando
o presente e o pasado.
(Do
libro Sonetos preposicionais,
editado por Alvarellos Editora, 2017)