TÍTULO: As
pescadoras.
AUTORA DAS ILUSTRACIÓNS: Nadia Menotti
EDITORIAL: Kalandraka. Colección: MareMar.
As pescadoras é un fermoso e suxestivo álbum ilustrado que nos achega a editorial Kalandraka e que vén avalado por ter mención do xurado do VII Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados. Xosé Ballesteros foi o encargado da adaptación do texto a partir dun conto popular hindú. E a ilustradora arxentina, Nadia Menotti, a responsable de crear todo un universo plástico- visual moi atraente para os lectores infantís.
A partir dun argumento sinxelo, propio da
tradición oral, pero non simple, descubrimos como as tres protagonistas do
conto viven, traballan e mesmo se mimetizan co medio que as rodea.
A excelente proposta de Nadia Menotti, que ten a súa orixe nun proxecto académico, é o produto de investigación e experimentación baseado na creación dos personaxes, dos escenarios (onde destacan tanto a distribución do espazo coma a luz, necesarias para formar a atmosfera narrativa) e dos elementos simbólicos. Todos eles cobran vida grazas ao emprego de diversos materiais: madeira, tea, fíos…que axudan para narrar a historia das tres pescadoras. Cada personaxe está caracterizado de xeito individual, de aí que non precisan de ter rostro para identificarse.
Nadia Menotti |

En definitiva, toda unha eclosión de
sensacións olfactivas, visuais e sonoras que espertan a imaxinación e certa
análise crítica ao formular, dun xeito sutil, a importancia do esforzo no
traballo cotián, o respecto aos diferente gustos, a solidariedade e tolerancia
co que consideramos distinto, pero que nunca debe ser excluínte.
ALBA PIÑEIRO