Páginas

lunes, 12 de septiembre de 2016

"NOT DARK YET", UN TEMA QUE É UN DOS CUMIOS NA DISCOGRAFÍA DE BOB DYLAN

Bob Dylan

Moitos cren, por descoñecemento ou comodidade, que Bob Dylan escribiu as súas mellores cancións alá polos anos sesenta.
     
     Non vou ser eu quen poña en dúbida o nivel altísimo deses temas antolóxicos. De ningún xeito. Tamén  penso que niso, en boa parte, hai moito de certo. Pero quedarse simplemente con esta idea resulta un pouco simplista. É un erro. Sen querer, os que isto afirman  non prestaron atención, case seguro, a outras moitas cancións do trobador de Duluth, en especial as contidas nos seus últimos álbums: dende “Time out of mind” (1997) ata “Tempest” (2012).
     

     
      Coido que chegou o momento de revisar a obra tan inxente coma imprescindible de Dylan, á marxe de prexuízos infantís ou levados por unha certa antipatía a un dos músicos máis influentes da historia da música popular.

     Por todo isto, hoxe quero atraer a mirada sobre un tema verdadeiramente extraordinario: “Not Dark Yet”, que forma parte do álbum “Time out of mind”. Ademais, a letra e a interpretación en vídeo deste tema farán as delicias de todos os que desexen deterse nesta alfaia dylaniana.
     
     É esta unha canción que, para moitos, significa un dos cumios poéticos e estéticos deste disco marabilloso (e da produción da última parte da súa discografía).
     

     “Not Dark Yet” conmove fondamente tanto pola súa música coma pola letra. Unha letra que nos fala da morte, do cansazo dos días. Ese cansazo que xorde cando vas cumprindo anos e te achegas á vellez.
     
     Comezan, daquela, as preguntas profundas e as cicatrices, que a vida nos foi deixando, fanse moi evidentes.
     
     Como afirman Philip Margotin e Jean-Philippe Guesdon ( “Todas sus canciones” .Ed. Blume)  “ a característica principal desta canción reside nunha atmosfera hipnótica que se desprende do tema”.  A voz de Dylan ofrece unha prestación vocal magnífica, chea de sinceridade e resignación.
     

     Cristopher Ricks, no seu estudo Dylan´s Visions Of Sin, establece un paralelismo entre “Not Dark Yet” e o poema de John Keats “OdeTo A Nightingale” tanto polos xiros das súas frases coma pola precisión das súas rimas.Non é de estrañar, pois Bob Dylan foi sempre un gran lector de poesía.

     
      


     Leámola e escoitémola con interese. A voz honesta do personaxe chega ben fondo para entender que esta canción é unha das maxistrais confesións nocturnas do xenio de Minnesotta, como afirman Margotin e Guesdon.





NOT  DARK  YET

Shadows are falling and I been here all day 
It's too hot to sleep and time is running away 
Feel like my soul has turned into steel 
I've still got the scars that the sun/son? didn't/let me? heal 
There's not even room enough to be anywhere 
It's not dark yet, but it's getting there 
Well my sense of humanity is going down the drain 
Behind every beautiful thing, there's been some kind of pain 
She wrote me a letter and she wrote it so kind 
She put down in writin' what was in her mind 
I just don't see why I should even care 
It's not dark yet, but it's getting there 
Well I been to London and I been to gay Paris 
I followed the river and I got to the sea 
I've been down to the bottom of a whirlpool of lies 
I ain't lookin' for nothin' in anyone's eyes 
Sometimes my burden is more than I can bear 
It's not dark yet, but it's getting there 
I was born here and I'll die here, against my will 
I know it looks like I'm movin' but I'm standin' still 
Every nerve in my body is so naked and numb 
I can't even remember what it was I came here to get away from 
Don't even hear the murmur of a prayer 
It's not dark yet, but it's getting there
 .




Versión en castelán


   CAEN LAS SOMBRAS Y LLEVO AQUÍ TODO EL DÍA,
HACE DEMASIADO CALOR PARA DORMIR
Y EL TIEMPO SE ESCAPA,
SIENTO COMO SI MI ALMA
SE HUBIESE VUELTO DE ACERO,
AÚN TENGO LAS CICATRICES QUE EL SOL NO SANÓ.
NI SIQUIERA HAY HABITACIÓN SUFICIENTE
COMO PARA ESTAR EN NINGÚN LADO.
AÚN NO HA OSCURECIDO, PERO NO VA A TARDAR.

MI SENTIDO DE LA HUMANIDAD
SE HA IDO POR EL DESAGÜE,
DETRÁS DE CADA BELLEZA
HA HABIDO SIEMPRE ALGÚN DOLOR,
ELLA ME ESCRIBIÓ UNA CARTA, AMABLEMENTE
PUSO TODO LO QUE SE LE PASÓ POR LA CABEZA,
NO ACABO DE VER POR QUÉ ME HABRÍA DE MOLESTAR.
AÚN NO HA OSCURECIDO, PERO NO VA A TARDAR.

HE ESTADO EN LONDRES
Y TAMBIÉN EN EL ALEGRE PARIS,
SEGUÍ EL RÍO HASTA LLEGAR AL MAR,
HE ALCANZADO EL FONDO
DE UN MUNDO LLENO DE MENTIRAS,
NO ESTOY BUSCANDO NADA EN LOS OJOS DE NADIE,
A VECES MI CARGA ES MÁS PESADA
DE LO QUE PUEDO SOPORTAR.
AÚN NO HA OSCURECIDO, PERO NO VA A TARDAR.

NACÍ AQUÍ Y AQUÍ MORIRÉ EN CONTRA DE MI VOLUNTAD,
YA SÉ QUE PARECE QUE ME MARCHO,
PERO ESTOY QUIETO,
CADA NERVIO DE MI CUERPO ESTÁ AUSENTE
E INSENSIBLE,
NI SIQUIERA RECUERDO
DE QUÉ VINE HUYENDO,
NI SIQUIERA OIGO EL MURMULLO DE UNA ORACIÓN.
AÚN NO HA OSCURECIDO, PERO NO VA A TARDAR.



Versión en estudio de "Not Dark Yet"




Versión en vivo. Toca con el, Eric Clapton!!!
  


                                                                                                       ANTONIO  GARCÍA TEIJEIRO