Páginas

domingo, 21 de febrero de 2016

ESCAPARATE POÉTICO (LXX) Luz Pozo Garza



                                    LUZ POZO GARZA  (Ribadeo, Lugo, 1922)



ESCRIBÍAS AS PÁXINAS SECRETAS
da fábula da vida
cun Ramallo de lilas para a norte

Asbías que no inicio da noite
Luz Pozo Garza
se revelan as almas do infortunio
                   -E o poñías nun libro-

E sabías da transgresión das horas
cando o tempo se anula
                   -E o poñías nun libro-

E sabías que o valeiro das almas
leva de seu a mágoa dunha fonte en penumbra
                   -E o poñías nun libro-

Acaso presentías
cando pechar os ollos cun Ramallo de lilas
                    -E a norte escribe o libro-




ERA O MAR A ESCRITURA
que non revela a luz

Eu ben sei que chorabas polo mar coma a vida
Pero o mar non revela o seu misterio
Era a conciencia cómplice do quebranto

Era o mar unha fábula anónima
Unha flor ignorada en resposta
a un anhelo infinito

Talvez chegou o mar
ata os pés dos que dicen amor no mes de abril
Pero ti non estabas

Tiña o mar a lisura dunha páxina nova
na escritura da vida

Partían sombras mudas
Sombras de alguén que fuxe de si mesmo

¿Era o mar a existencia?
¿O amor?
¿A flor ferida da inocencia?

As aves imprevistas dos anceios
fuxían sobre un mar imposible sen retorno
sempre de cara á norte
                                     Para Manuel V. Villaverde





SOLETREABA EU AÍNDA O MEU NOME
de párvula e sabía desa existencia túa
Rosalía. A ela vai dirixido este poema
xa ensumida
nos avatares dunha sombra

Demoraba nun parque de eucaliptos
na vila tan amada
e souben do regreso daquela sombra ambigua
expresada nos astros
E sabía dun corazón oculto
no manto dos ocasos e as camelias
sabía das vivencias escritas
como follas que murchan sen remedio
nunha tarde letal
perdida nas estancias do outono
nas orelas do Sar sempre de cara á norte




CAMELIA MÍSTICA



Este fulgor tan frío que nos traspasa a alma
flor de carne celeste
flor minuciosa pétalo por pétalo
labios que bican sen rozar apenas

Esta flor que se entrega sen paixón
sen porfía

Contemplación acaso beatífica
para unha mística do Coñecemento




(Do libro Memoria Solar. Obra poética. Ed. Linteo, 2004)



                                                         Luz Pozo Garza cóntanos por que comezou a escribir.





                                         Luz Pozo Garza no acto da conmemoración dos 127 anos do pasamento de Rosalía de Castro