XESÚS RÁBADE
PAREDES ( Seixas – Cospeito- Lugo. 1949)
ACRACIA
Xesús Rábade Paredes |
Ninguén
me busque
entre
a grea submisa dos pautados.
Fuxo
das augas mansas
e
aborrezo o cinismo dos mamóns e dos putos,
tan
correctos.
Son
cada vez máis ácrata.
CANTAREI
O MENCER
Direi
que nos amamos nun tempo prohibido,
que
vulneramos a lei uniformada dos gafos e dos sádicos
e
que nos derretemos, baluga de manteiga
ou
corpo amado.
Direi
que compartimos pan de becerra, duro,
na
derrota. Direivos
que
endexamais fixemos rendición:
que o sangue aveso
se
repuxo ante as poutas da amargura tristísima.
Direi
que resistimos a pauliña dos púlpitos
e
o retumbar das botas, porque a luz era nosa.
E
que nos levantamos co sol de cada día
moito
máis afoutados, máis rebeldes e libres.
JAZZ
Vén
sentarse a tristeza cabo de ti na silla,
envoltoiro
de sombras que te apalpa
ao
debruzarse a noite.
As
maletas viaxan nas adegas
amontoadas
xunta os expulsados:
aínda
pesa a lousa dos que se foron novos
para
ningún regreso.
Eles
dinche que cales cando mentas
o
pasado que volve.
A
miseria que volve.
A
negación que volve.
Na
penumbra do cuarto
quéixase
a voz de Billie Holiday.
TODAS
AS NAIS
A
historia foi con elas facendo unha cadea
longuísima
de escravas
e
foron sucumbindo baixo todos os amos.
Os
canteiros puxéronas en cruz
cos
nenos moribundos nos seus brazos.
Das
xestas silenciosas do meu pobo,
ningunha
máis heroica nin máis triste.
Abenzoadas
elas, as viúvas de vivos,
as
pobres nais, parindo para fóra,
concibindo
os seus fillos para o éxodo
sen
sequera atetalos.
(Do
libro Sobre ruínas, editado por Alvarellos
Editora, 2013)