Rubin Carter |
A súa vida foi tormentosa. Existencia
turbulenta. Vítima, como tantos negros nos EE.UU., do racismo e a pobreza.
Atracos e delictos varios que o marcaron
dende ben novo.
Boxeador. Reformatorio. Tartamudez inicial.
Cárcere. Un monicreque coas cordas da
vida que rachan e que o converten nun farrapo.
A posibilidade de ser campión mundial
que esvaece.
Case vinte anos na cadea, acusado, co seu amigo John Artis, dun triple homicidio que non cometeu.
Detector de mentiras pasado sen
problemas.
Testemuñas que non os recoñecen coma os
executores do triple crime.
Un caso que chama a atención de persoas
coma Muhammed Alí e Bob Dylan.
Dylan visítao na prisión, fala con el e convéncese da súa inocencia.
O cantante de Duluth realiza unha serie
de concertos para expoñer o seu caso.
Escribe unha magnífica canción de máis
de oito minutos, “Hurricane”, na que conta a crónica dunha inxustiza fatal.
Está incluída no seu LP “Desire”. Canción de moito éxito.
Rubin “Furacán” Carter, que ese é o seu
nome, foi liberado polas xestións dunha adolescente negra, que convenceu a un
grupo de
canadenses, entre os que se atopaban os avogados Friedman e Beldock, para que fixesen unha campaña na procura da liberación de Carter. A campaña deu os seus froitos e en 1985 un xuíz federal ditaminou que no primeiro dos dous xuízos houbo evidencias nidias de racismo, coaccións e manipulacións por parte da Fiscalía.
canadenses, entre os que se atopaban os avogados Friedman e Beldock, para que fixesen unha campaña na procura da liberación de Carter. A campaña deu os seus froitos e en 1985 un xuíz federal ditaminou que no primeiro dos dous xuízos houbo evidencias nidias de racismo, coaccións e manipulacións por parte da Fiscalía.
Rubin Carter abandonou o cárcere e viviu
en Canadá.
Converteuse nun activista pola
liberación de presos condenados por crimes que non cometeran.
Dirixíndose ao público, coma activista social. |
Norman Jewison dirixiu a película “The
hurricane”, protagonizada por Denzel Washington, sobre a súa historia.
Velaquí un trailer da mesma:
O propio Carter escribiu unha segunda
autobiografía ao saír da prisión.
Acaba de morrer en Ontario, dúas semanas
antes de cumprir os 77 anos.
Definitivamente, Rubin “Furacán” Carter
perdeu o seu derradeiro combate.
Con Nelson Mandela. |
Escoitemos
a canción na voz de Bob Dylan neste vídeo, que inclúe subtítulos en español.
Unha estremecedora canción de denuncia. Densa pero clara. Reivindicadora da xustiza e do antirracismo. Unha música que te transporta.
Unha crónica de enorme magnitude.
Un testemuño devastador, que debería arrubiar o sistema e aos quen o manteñen.
Un navallazo á hipocrisía e á moral segregacionista dunha parte do pobo estadounidense.
Con Bob Dylan, unha vez libre. |
Antonio García Teijeiro