Páginas

lunes, 17 de marzo de 2014

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS ( XXXVIII ) Concha Blanco







CONCHA BLANCO   (Lires – Cee, 1950)




A NOITE
Concha Blanco


As luces
producen sombras.
As sombras
danme arrepío.
Coas luces sinto calor
e as sombras danme frío.
  
Chega o día, vaise a noite

chega a noite, vaise o día.

Coa sombra vén a tristeza
e coa luz chega a alegría.
Fuxe, noite.
Vente, día.

Eu quixera que a noite
non me roubase a alegría.



O TREN

Non o paso ben
na estación do tren.

Maletas con rodas
maletas de man
mochilas ao lombo
que veñen e van.

Só faltan minutos
non trae retraso
dentro de moi pouco
estou nos seus brazos.

Óese un pitido
que anuncia a chegada
o tren, maxestoso,
amosa a faciana.

Todo é un bulebule
os nervios afloran
hai xente que ri
hai xente que chora.

Moitas mans saúdan,
cales delas serán
as mans que eu agarre
para non as soltar?

Papá! berro eu
botando a correr,
Debuxo de Xosé Vizoso
batendo contra todo
ata dar con el.

Amais das maletas
de distinta cor
papá trae un saco
cargado de amor.

É un saco invisible
cheíño de bicos,
para a súa familia
para os seus amigos.

Non o paso ben
na estación do tren.



O POETA

O poeta,
o escritor,
dálle por xogar coas letras
cada letra dunha cor.

Debuxo de Xosé Vizoso
No sitio do m
escribe o f
segue xogando
e colle un e.

E agora que?
- di o escritor –
Póñolle un l
que está mellor.

Fóra coa sa
adiante co or.
En lugar de mesa
escribiu flor.

Con palabras fixo versos,
con versos fixo estrofas,
con estrofas os poemas.

Todo co xogo das letras.



(Do libro Cantos da rula. Editado por Ediciós do Castro. 2008. Premio Arume de poesía para nenos. 2007).