Joan Manuel Serrat en Vigo. |
Que
nos deu dous álbums extraordinarios que achegaron aos seus seguidores a Antonio
Machado e a Miguel Hernández, tampouco se debe discutir.
Que
as súas cancións emocionaron (e seguen a emocionar) a unha boa parte da sociedade deste país, é un feito comprobado.
Mediterráneo, o seu disco máis coñecido, figura
no máis alto das listaxes dos mellores traballos da música española.
A
min gústame Serrat moito (aínda que estou máis preto do universo de Aute), pero
a Susi, a miña compañeira de toda a vida, gústalle moito máis que a min aínda.
Aínda
lembro as miñas viaxes balonmanísticas a Barcelona co Teucro, nas que me ía
facendo coa obra do cantautor en catalán. Aquí, daquela, era misión imposible
mercala.
Al
noi del Poble Sec, o seu barrio
natal, vímolo en directo ben veces. A verdade é que nunca defrauda. Próximo,
faladeiro, profesional, dá todo no escenario para alegría dos seus seguidores.
É un pracer velo/escoitalo en vivo.
Máis
adiante, terá outra entrada en Versos e
aloumiños.
Hoxe
está aquí por dous motivos.
O
primeiro, porque hai un tempo que saíu a noticia dunha canción maldita de Joan
Manuel Serrat: La montonera.
Descoñécese, de certo, a quen ía dirixida. Quen foi a muller referida polo
cantante. Existen varias suposicións. A min tanto me ten.
Coméntase,
ademais, a relación do autor catalán cos montoneros, as súas axudas aos presos
políticos arxentinos… Tampouco non vou entrar niso. Non me gustan as
suposicións; prefiro feitos comprobados.
Encantoume.
Así
que lla quería dedicar a Susi, que mañá domingo día 12, está de aniversario
(non digo o número deste aniversario, pois se enfadaría seguro). Este é o
segundo motivo deses dous dos que falaba antes.
Os
lectores e lectoras deste blog podedes gozar desta canción comprometida e
fermosa. Con todos vós quero compartila. Ben o merecedes por permitir que Versos e aloumiños superase , días
atrás, as cincuenta mil entradas.
Escoitade
este vídeo e despois podedes xulgar.
E, deseguido, a mesma canción cantada en vivo.
Emocionante. Por se alguén non o comprendera aínda, este é un reflexo da admiración como cantante, como referencia ideolóxica para o pobo arxentino, ademais do agarimo que lle profesan nese país. Como ben se ve, o agarimo é mutuo.
E, deseguido, a mesma canción cantada en vivo.
Emocionante. Por se alguén non o comprendera aínda, este é un reflexo da admiración como cantante, como referencia ideolóxica para o pobo arxentino, ademais do agarimo que lle profesan nese país. Como ben se ve, o agarimo é mutuo.