Páginas

lunes, 3 de junio de 2013

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (XIII) Marica Campo



MARICA CAMPO   (Incio, Lugo. 1948)


O ESQUÍO

Vive nun carballo,
vai de póla en póla,
recolle bugallos,
xoga á mariola.

Visita a un veciño,
que hai nun castiñeiro
porque vai velliño
e anda algo tristeiro.

A noiva do esquío
vive nunha abraira,
dálle ela abelás
e el lévalle landras.



COSMONAUTAS
 
Da nave da Terra
somos cosmonautas,
navegamos todos
pola Vía Láctea.

Negros e amarelos,
de cobre ou cor branca,
homes e mulleres,
só hai unha raza.

Nesa inmensidade
que son as galaxias
somos só persoas,
dunha especie, a humana.



(Do libro Abracadabras, editado por Ed. do Castro. Premio Arume.2006)