Páginas

domingo, 19 de mayo de 2013

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (XII)




XOÁN BABARRO GONZÁLEZ   (Calvelo de Maceda, 1947)


Xoán Babarro González

REGUEIRO

Regueiriño que baixas
cantaroleiro,
leva ao mar unha rosa
de bieiteiro,
que ha de ter señardades
algún barqueiro
do perfume dos montes
de Carrugueiro.





HOME DO SONO

O Home do Sono vén polo camín,
caladín, caladín.
O Home do Sono vén polo lousado,
calado, calado.
O Home do Sono está vindo…,
durmindo, durmindo…,
O Home do Sono está chegando…,
soñando, soñando…





RIBEIRA

O cerzo, un manto.
O vento, un canto.
A noite, un mundo.
O mar…, profundo.




(Do libro A Princesa de Tataramundi, editado por Edicións Embora. 2010. Premio Arume de Poesía infantil)