Páginas
▼
martes, 15 de noviembre de 2011
Semblanza de Antonio García Teijeiro por Paz Raña Lama
Paz Raña Lama (con Antonio en la foto a la izquierda), cuya amistad con Antonio García Teijeiro, según nos comenta, "viene de tan lejos como las horas de un reloj", ha escrito una semblanza sobre Antonio y su universo poético especialmente para este blog. Sus palabras destilan afecto y poesía, y las ofrecemos a continuación en su versión original en gallego.
Para Susi, Noa, Antón e Erin.
"A amizade é o máis necesario para a vida"
Aristóteles. Ética Nocomáquea
Procedo dun país onde o murmurio da soidade converte os panos en versos combustibles, onde as fracturas da existencia, a irremediable busca do outro, avivan o alento do desexo, a tensión convertida en vizosa cómplice que proporciona unha esencia de dignidade á mirada común, frontera sen aduanas.
Antonio, cidadán principal dese país de latexos, presta, xeneroso, o seu fluir incesante de palabras envoltas en maxia, en luz, en sortilexio, que axudan a aliviar os sucesivos agoras que abruman.
Teñen os seus libros un brillo fascinante, con alborozadas melodías, retrousos feiticeiros, magnéticos poemas, todos eles anegados de esperanza, de alegría… de vida. Mergullarse neles é un exercicio de lirismo gozoso. Un degoro de crisol na vitrina.
E penso eu que un seu verso posto ao día ten non só ríos de ardente frescura, senón tamén mares de asombros incandescentes.
A nosa amizade “vén de tan lonxe como as horas do reloxe”, abraiándome sempre a súa paixón por entender e a súa felicidade producida polo saber. Si, sempre lendo, conversando, escribindo, oindo música, amando… dando forma a ese algo do que podo presumir orgullosa, ser espectadora activa da lealdade dun home cuxa pegada dactilar ten a limpeza da choiva.
Porque meu amigo posúe, entre outras miles, a difícil cualidade de ser transparente como a nota de música que revolotea feliz. Unha xanela que non pecha nunca.
PAZ RAÑA LAMA