Páginas

miércoles, 7 de agosto de 2024

FAÍSCAS (21). Unha definición de "poema" do poeta chileno Vicente Huidobro.

 



Vicente Huidobro (1893-1948), o gran poeta chileno, que importou a España as vangardas artísticas, poeta enxeñoso, cunha obra metafísica, cunha obra que xoga coas palabras.

Huidobro é para moitos a culminación do creacionismo, un movemento que lle dá á poesía conflitivas interpretacións e que provocou reaccións ben diversas.

As súas obras fundamentais son Altazor e Temblor de cielo.

Vexamos aquí unha das definicións de poema, que deixou nun intre da súa vida.

 

Vicente Huidobro

“Un poema só é tal cando existe nel o inhabitual. Dende o momento en que un poema se converte en algo habitual, non emociona, non marabilla, non inquieta endexamais, e deixa, polo tanto, de ser un poema, pois inquietar, marabillar, emocionar as nosas raíces é o propio da poesía. A vida dun poema depende da duración da súa carga eléctrica. Pregúntome se os haberá eternos”.



                                                                                                                                  (velaquí un poema de Vicente Huidobro)