Páginas

viernes, 29 de septiembre de 2023

FAÍSCAS (14) Texto de Antón García Fernández para la presentación de "En voz baja" (2023)

 




A novela En voz baixa, publicada no ano 1998 por Edicións Xerais na colección Fóra de Xogo, está vencellada moi intimamente ao meu fillo Antón, hoxe brillante catedrático de Lingua e literatura españolas na Universidade de Tennessee, en Martin (EE UU).

        

     E estao por moitas razóns. Porque a escribín cando el tiña 16 anos coma Roberto Núñez Veiga, o protagonista desta historia, porque se introduce na vida dun pai e que escribe e un fillo adolescente que ama a música e a literatura, porque nela Antón crea un texto dentro da novela, porque el foi quen me dixo que a narración tiña plena vixencia, porque me animou a publicala en castelán e porque el mesmo fixo a tradución do galego dun xeito ben brillante.

     O día 27 de setembro presentouse o libro na Asociación Évame-Oroza, nun acto moi fermoso no que interviron o director da Editorial Elvira, Xabier Romero, a editora Arantxa Amatriain e a profesora Alba Piñeiro. O título, loxicamente, En voz baja.

     Neste acto, Susi Fernández leu un magnífico texto sobre a novela escrito por Antón García Fernández.

     

Susi Fernández le o texto de Antón na presentación

Un texto emocionate creado dende o agarimo e a lembranza da participación e a evolución da novela 25 anos despois.

     Coido que merece a pena que vexan a luz estas brillantes palabras e, por iso, Versos e aloumiños, na sección Faíscas, reprodúceas con enorme satisfacción.

     Gozade delas.

     Paga a pena deterse nestas liñas tan ben escritas, que me enchen de orgullo como escritor e como pai.

 

Un momento do acto. Arantxa Amatriain le un fragmento da novela




Texto para a presentación da tradución ao castelán de En voz baixa

                                                  

                                                Antón García-Fernández

Antón García- Fernández
                                                            Jackson, Tennessee                                                     

 Meu pai, Antonio García Teijeiro, é recoñecido fundamentalmente como poeta, e con xustiza, claro. Pero os críticos e aqueles e aquelas que se teñen ocupado de estuda-la súa obra, na miña opinión, teñen esquecido un chisco a súa narrativa, que para min ten tamén moitísimo interese. Falo, por exemplo, de coleccións de contos como Sempre quenta o sol, falo dunha novela sobre esa temática que semella que algúns queren esquecer que é a Guerra Civil Española e que se trata n’A teima de Xan, e falo, por suposto, da obra que se está hoxe a presentar en tradución castelá, En voz baixa. Este último libro, de feito, ten un significado especial para min porque, aínda que el quizais non o sabía cando comezou a escribilo, me ofrecería a ocasión de facer unha pequena colaboración que eu non agardaba.

        


     Dende ben cativo, eu lembro que meu pai ás veces se pechaba nun cuarto ateigado de libros que el chamaba—e segue a chamar—a biblioteca e alí pasaba horas a escribir. Iso de que se chamase “a biblioteca”, en verdade, tiña pouco sentido, pois os libros e os discos non enchían só aquel cuarto, senón a casa toda. A casa era—e segue a ser—unha biblioteca en toda regra. Coa miña imaxinación de neno, eu matinaba no que estaría a ocorrer tras daquela porta pechada. Escoitábase música e pola grecha inferior escapaban as palabras, as imaxes e os versos. Pero naquel intre, meu pai estaba a escribir unha novela que se publicaría na colección Fóra de Xogo das Edicións Xerais, que eu xa coñecía porque xa tiña lido algúns dos títulos que a compuñan.

        


     Un día, meu pai entrou no meu cuarto cunha proposta: o protagonista desta novela, que ía titularse En voz baixa, o Roberto Núñez Veiga, tiña máis ou menos a miña idade, e na ficción novelesca escribía un relato que aparecía no xornal local. Por que non escribía eu ese texto? Non me custou aceptar, mais si escribilo. Sentei perante o escritorio do meu cuarto no que adoitaba facer que estudaba matemáticas cando en realidade lía Alicia no País das Marabillas, os contos de Edgar Allan Poe ou os casos detectivescos de Sherlock Holmes. Tiña aberto un poemario de Celso Emilio Ferreiro e no lector de CD soaba o famoso concerto da orquestra de Benny Goodman no Carnegie Hall neoiorquino en 1938. Custoume, si, pero convertinme por unhas horas en Roberto e escribín ese relato, que titulei A espera interminable.

         

      Cando saíu do prelo a novela, encheume de orgullo ve-lo meu nome nas últimas páxinas do libro. Hoxe, relendo En voz baixa, comprendo a complexidade da obra, a diversidade de puntos de vista, a prosa poética—porque todo o que escribe meu pai está sempre inzado de poesía—, a importancia da música, os ecos da biografía do autor no personaxe de Roberto e unha chea de outras cousas. Escoito como as súas verbas comezan expresándose en voz baixa, si, pero como van adquirindo volume a medida que vai coñecéndose a si mesmo e atopando o seu lugar no mundo.



En voz baixa é unha novela que ficou un chisco esquecida na poboada bibliografía de meu pai, pero coido que é unha obra atemporal pola que os anos teñen pasado sen problemas; tan actual é hoxe coma nos noventa cando se escribiu. Por iso, coa intención de rescatala dese certo esquecemento, tiven a idea de traducila ao castelán para esta nova edición despois de todo este tempo. Meu pai, en principio, non estaba seguro, aínda que despois me animou a que me puxese mans á obra. A tradución, feita a man como todo o que eu escribo e mecanografada pola miña nai—importante traballo que leva facendo dende hai décadas cos textos de Antonio—, levou máis tempo do que me tería gustado, pero finalmente está rematada e dispoñible en forma de libro. Éncheme dun orgullo semellante ao que sentín aquel día no que fun Roberto Núñez Veiga durante unhas horas e colaborei na versión orixinal en galego da novela, e agardo que esta nova edición abra novas portas e achegue a novos lectores e lectoras unha obra que de ningún xeito merece esquecerse.


miércoles, 20 de septiembre de 2023

FAÍSCAS (13) "A felicidade e o noxo: por fin soou o galego no Congreso dos Deputados"


 


Escoitar a Gómez Besteiro falar en galego no Congreso dos Deputados, hei dicir que estivo moi preto da emoción profunda.

Gómez Besteiro, o primeiro deputado que fala nunha lingua diferente nas Cortes
 (Foto Atlántico)

Máis tarde, Néstor Rego, con todo o seu discurso na nosa lingua, estivo magnífico e fíxome moi feliz.

Por fin sentín que tomaba corpo a idea de que este país é un estado plurinacional. Sentín que se rachaban vellas pantasmas e que esa “una, grande y libre” se convertía en algo pasado de moda. Escoitar falar en galego, catalán e éuscaro nese lugar, debería ser o normal nun país civilizado e minimamente democrático. Porque este estado non é algo pétreo e uniforme. Convivimos aquí diversas sensibilidades coas nosas diferenzas, as nosas culturas, os nosos idiomas e os nosos costumes. Non é tan difícil comprendelo. Hai que acabar co desprezo que os que se cren donos do país expresan un día si e outro tamén.

 

Néstor Rego (BNG), orgullo e brillantez (Foto el.Diario)

     Basta de buscar desculpas nas leis e nos prazos para retrasar e -se por elas, as dereitas, por chamarlles algo suave, fose- arruinar un dereito de todas e todos os que cremos na convivencia democrática temos sen discusión. Que España non só é Madrid e arredores. Que hai vida nos demais territorios do país, que non queremos ser discriminados ni que se nos impoña unha liña uniforme e dura.

E que sempre son os mesmos, certas elites, que se opoñen a todo o que non sexa seguir o ronsel que lles interesa.

Que as linguas son alma e cultura. Que hai que apoialas e valoralas, deixalas medrar e non afogalas pola imposición dun idioma, o castelán, tan fermoso, pero que serve demasiadas veces para ferir e golpear con ensañamento calquera desacordo co pensamento único que nos propoñen seguir.

 

     E afirmo todo isto, cando vin as imaxes dos deputados e deputadas de Vox erguerse e desfilar cal insectos ruíns que todo o que tocan o converten en lixo. E non estou seguro de que, se non fose pola pouca vergonza que aínda lles queda, non farían o mesmo os deputados da dereita cada vez máis extrema.

 

Foto do Huffington Post

     Espectáculo lamentable nun lugar onde a palabra debe presidir as intervencións dos parlamentarios (aínda que iso, dende que a ultradereita entrou no Congreso, escasea demasiado a miúdo). Un acto de desprezo que se une a toda a chea de actos que levan protagonizando dende sempre e, moito máis, dende que accederon a postos de poder. Foi terrible para min. Noxo.

 

     Esta xente non cre na democracia. Enganan a xente que non dá máis de si, que non reflexiona, que se deixa influír pola manipulación dos sentimentos. Só queren guerra, montar escándalos, presentar denuncias falsas para que os aplaudan os medios ao seu servizo. Son sinónimo de bronca, de subida de soldos en canto tocan poder, de non ter escrúpulos nas súas declaracións, de rachar a convivencia a prol dos seus intereses. Están aí para aproveitarse da democracia, na que non cren nin crerán nunca. Non teñen programa, só enfrontarse á modernidade dun país. Criminalizan os inmigrantes, son homófobos, violentos, mentireiros. Queren facerse coa educación e a cultura para manexala ao seu gusto, baleirándoa de contidos sociais e intelectuais. Poderá seguir. Hai un milleiro de exemplos. Mais abonda.


     Iso si, acadaron meditatizar a política do PP e tirarlles as cores aos seus dirixentes que rematan facendo mil manobras para aparecer na sociedade como un partido liberado de fascismo. Non o conseguen porque os precisan para acadar poder.

 


     Oxalá o emprego das linguas minorizadas (tan importantes como calquera outra) sexa normalizado e as bestas que o queren impedir fiquen caladas. Non vai ser fácil, pero o valor da xustiza cultural e lingüística demándao.

 

     Oxalá non vexamos de novo este triste espectáculo, bochornoso e lamentable no Congreso. Teño as miñas dúbidas; porén, sentir a involución democrática faime coller tanta forza para berrar en contra da insolencia.

 

 

     Remato cun poema na defensa do noso idioma: Deitado frente ao mar. Escrito por Celso Emilio Ferreiro hai tempo, sempre foi un refuxio e un apoio imprescindible no acontecer da miña vida. Un poema do seu libro Longa noite de pedra, tan celebrado e necesario.

 

Celso Emilio Ferreiro

Deitado frente ao mar

Lingua proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque si, porque me gosta,

porque me peta e quero e dáme a gana;


porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sen raíces

que ao pór a garabata xa non saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos avós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos da linguaxe,

remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque si, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingua.

Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruíns e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os baleiros,

non falo pra os estúpidos,

que falo pra os que aguantan rexamente

mentiras e inxustizas decotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de bolboretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, doce mágoa das Españas,

deitada rente ao mar, ise camiño...

 

martes, 19 de septiembre de 2023

CATAVENTO DE POEMAS INFANTÍS (LXXXVI): "De barquillos y cometas", de María Rosa Serdio

 




                                      MARÍA ROSA SERDIO (Langreo, 1953)

 

 

       

         

             TIERRA…

María Rosa Serdio

 

      Tomo esta voz,

el susurro de la fuente, el

 crujir de los senderos, la

      hoja que vive

           y muere.

         Tomo tu voz,

  tu regalo de sonidos,

la soledad de los grillos

      que cantan

    y me conmueven.

      Esa voz,

la que me acunó de niña,

       la que me llama

          y  me mueve.

 

 

 

LOS POETAS

 

Hablan y cuentan

 de sus adentros

  de sus afueras,

  de las galaxias

 y sus quimeras.

 Hablan y suben

 hasta los astros

en noches largas

    y días claros.

Hablan y alivian

  algunas penas

 con las palabras

     y los poemas.

Siempre nos dicen

  que nos esperan

  entre los cantos

  de las sirenas

y entre los libros

   que, siempre,

       sueñan.

 

 

 

 

LUNA LLENA DE FEBRERO

 

 

          Al final,

      se va febrero…

¡Y el ciprés ya pajarea!

   La orilla del río bulle

            de prímulas

            y sorpresas.

         Toda el agua baja

                   nieve

                 y sonríe

               satisfecha.

         Limpio el corazón

                 y el aire…

    ¡Se anuncia la primavera!

        Un caminante se para

                   y la luna

                        está

                   perfecta.

 

 

 

CANCIÓN DE OTOÑO

 

 

Nubarrones, nubes bellas,

   cielos altos de algodón.

   Ya preparo mi paraguas

    por sillega la ocasión.

 

Vientecillo, viento suave,

  dulce sur de mi ilusión.

   Ya tengo listo mi peine

por si cantas tu canción.

 

Otoño, estación dorada,

  paso en hojas de color.

Ya tengo a mano mi cesto

    para recoger tu don.

 

 

 

(Do libro De barquillos y cometas, editado por Pintar - Pintar, 2023 e ilustrado por Ester Sánchez)