miércoles, 4 de enero de 2017

REMUÍÑO DE LIBROS (6) "Todo o tempo do mundo", de David Pérez Iglesias





TÍTULO:  Todo o tempo do mundo.

AUTOR:   David Pérez Iglesias.

ILUSTRACIÓNS:  Marcos Viso.

Edicións Xerais. Colección: MERLÍN



Todo o tempo do mundo é o último premio Merlín(2016) que Xerais lles achega ao público infanto-xuvenil, pero co que os adultos tamén gozarán. O seu autor, David Pérez Iglesias, é escritor, guionista, profesor e responsable da canle de vídeos SonCine.

          Trátase dunha novela realista na que a súa protagonista, Ariadna, unha nena de case doce anos, será a encargada de amosarnos como unha situación, a priori, negativa pode converterse en toda unha experiencia vital. Como o feito de non posuír nada material pode significar o camiño cara á liberdade para recoñecer o importante.

     
David Pérez Iglesias

     A través dos seus recordos, que actúan como fíos condutores ao longo dos 35 capítulos que artellan a historia, coñecemos como o seu pequeno mundo urbano, no que vive cos seus pais, vai esmorecendo polos nefastos efectos da crise económica ata chegar ao baleiro. Este prodúcese cando os seus proxenitores deciden emigrar a Canadá e deixala co seu avó paterno ata que poidan levala con eles. Os vinte días que pasa na aldea, ao carón do seu avó Valente, serán días de aprendizaxe e coñecemento das súas raíces, de identidade cunha terra, cunha paisaxe, cunha cultura e cunha lingua. Serán os alicerces sobre os que vai asentar a súa futura personalidade. Deste xeito a súa sensación inicial de abandono transformarase na seguridade de ter o legado máis importante para a memoria da humanidade, a palabra.

     David Pérez Iglesias, ben coñecedor do valor das palabras, emprégaas de forma clara, precisa e  directa para que o lector poida saborealas e sinta os sons, as cores e mesmo os recendos do que nomean. Reivindica o seu uso coma símbolo do que somos.

     As ilustracións de Marcos Viso delicadas, exquisitas e suxestivas reforzan o significado connotativo do texto á vez que matizan certos detalles simbólicos.


                     
                                                                                              

                                                                                                                                                ALBA  PIÑEIRO

lunes, 2 de enero de 2017

DARDO POÉTICO (XL) Poetas dos países escandinavos nun despregable da editorial Nórdica




Un alégrase de que as editoriais vaian cumprindo anos. Que sigan aportando libros interesantes ao panorama literario actual. Que o abano de títulos de calidade siga medrando.
    
     Hai editoriais que levan unha liña editorial moi de seu e iso é algo que se agradece moito.
     
     A editorial Nórdica acaba de cumprir dez anos neste 2016 que está próximo a extinguirse. E neste espazo de tempo as obras desta editora brillaron pola súa orixinalidade, pola calidade literaria,  polo coidado das traducións e pola presentación ben elegante dos volumes.
     Un sinal de identidade fantástico que lle dá moito prestixio.
     

     Coa idea de publicar en España autores e autoras escandinavos que non foran publicados neste país, permitíronnos descubrir escritores/as de un altísimo nivel. E logo, foron máis alá abrindo a súa liña a novos estilos e xéneros. Unha verdadeira delicia.
     
     Pero hoxe, neste "dardo poético", aparece Nórdica porque na miña libraría habitual, Librouro, déronme un magnífico despregable que ten por título, “10 años, 10 poemas nórdicos”. Pareceume interesantísimo. Unha editorial que se gaba de publicar boa poesía e  desprega poemas aos catro ventos. Que fai dela, bandeira. E que agasalla versos, premio Nobel (Tranströmer) incluído. Fantástico e pouco habitual. Un exemplo a seguir . Está  neste espazo por esa iniciativa realmente exemplar.
     
     Así que, tras esta introducción,   podedes ler algúns poemas contidos no despregable. Poetas do catálogo de Nórdica.
     
     Son unha xoia e desexo que os desfrutedes.


c) Kike de la Rubia


INGER  CHRISTENSEN  (1935 – 2009) Dinamarca

Inger Christensen
Si estoy de pie
sola en la nieve
es lógico
que yo sea un reloj

si no ¿cómo iba la eternidad
a encontrar su camino?
                     
                  (Trad. de Francisco J. Uriz)




KRISTÍN  SVAVA TÓMASDÓTTIR  (1985 -  )  Islandia

Mis semejantes

he bebido a costa de otros y muerto
en camas de otros
Kristín Svava Tómasdóttir
he despertado con madres de otros y comido
en mesas de otros
he limpiado la roña antes que otros y fregado
suelos de otros
he estudiado escritos de otros y robado
líneas de otros
he intentado tumbarme y unirme
a almas de otros
mas son extraños los lindes de otros
y el mar helado en medio.
                        
                         (Trad. de Enrique Bernárdez)




INGER  HAGERUP  (1905 – 1985Noruega

Detalle de un paisaje invisible de noviembre

En medio del país de niebla que se llama yo
Inger Hagerup
hay una vieja señal de tráfico sin camino.

Allí está señalando con su carcomida flecha
hacia ciénagas y kilómetros de niebla.

En vano busco nombres y signos.
Aguanieve y lluvia todo todo lo han borrado.

Allí estuvo una vez el lugar al que me encaminaba.
¿Cuándo desapareció y cuándo me perdí?

Voy a tientas como un ciego hacia esa palabra
que me señalaría el camino a mi morada.

En medio del país de niebla que se llama yo
hay una señal sin camino que me asusta.
                        
                                             (Trad. de Francisco J. Uriz)




TOMAS  TRANSTRÖMER  (1931 – 2015)  Suecia

A unos amigos detrás de una frontera

                                                  I

Os escribí tan parco. Pero lo que no me permitieron escribir
Tomas Tranströmer
se fue hinchando como un dirigible de tiempos pasados
que acabó alejándose suavemente por el cielo nocturno.

                                               II

El censor tiene ahora la carta. Enciende la lámpara.
A su luz saltan mis palabras como monos en una jaula,
se agitan, sacuden la reja, se tranquilizan, y ¡enseñan los dientes!

                                                III

Leed entre líneas. Nos veremos dentro de 200 años
cuando los micrófonos de las paredes del hotel hayan caído en el olvido
y finalmente puedan dormir, convertirse en ortoceratites.

                                   
                                         (Trad. de Francisco J. Uriz)



viernes, 30 de diciembre de 2016

ESCAPARATE POÉTICO (XCII) María Lado




             
                                                    MARÍA  LADO  (Cee, 1979)






cinco


procúrasme coa boca.
por un momento, abres os ollos
e na casa aínda en penumbra,
unha contra déixase levar pola torpeza da brisa.
María Lado

pola físgoa dese instante
vexo o merliño.
pousa o seu canto madrugador na estrema do abrente,
escorrenta os cans da noite.

ti préndeste no meu peito, ancoras no bico,
nesa maneira
que temos ti e mais eu de bicarnos
mentres, fóra,
con pericia de faquir,
o merliño entra na nube de ourizos
e tanto saltarica
que escachan en riso as bocas entreabertas
das castañas punzantes
que caen.

ao pouco,
asoma de novo o peteiro alaranxado do paxaro.
agora a árbore ten cabeza de merliño,
que bonito,
ten inquedos e pintados ollos negros
que esculcan entre a herba do xardín.

xa estás esperta?
aínda é moi cedo e precisas
descansar.

o merliño brinca e o seu peteiro aloumiña a terra.
sabe evitar os agulleiros caídos que lle pechan o camiño
e vai escollendo as enfiadas,
pauciños
e herbas que carrexa
do xardín á árbore,
e volta
da árbore para o xardín.
con elas no bico
vai cosendo o seu niño collido por alfinetes.

ti, meu pequeño, á calor do leite,
adormeces.
descoñeces os traballos do merliño
non oes as nubes tronar sobre as follas
non sabes nada das picadas das espiñas
nas coxas da ave, e aínda así
reparas, coa túa boca,
as feridas abertas polas agullas.


María Lado canta os seus versos


trece


cómo ser mamá vaso de leite
seis galletas sobre a mesiña
amencer demasiado silencioso,
e porta a sabendas pechada?
cómo vestir abrigo de petos profundos
ou sono
de gas ao pé da cociña?

cómo se os nosos pés,
igual ca árbores que dormen o outono,
se atopan baixo a lentura
e alimentan as flores que
tras o tremer do xeo
sempre volven?

Con Lucía Aldao

dezaseis

un día, has soltar as nosas mans coma cabos.

eu seri vella nesa hora de repente
restarame só a miña antiga casa, os altos
e protectores valados da nosa herdade,
a vella pampona da luz zunindo
no teito da cociña
deitando sombras aterradas sobre as corredoiras crechas,
brancas, por veces agrisadas
que cobren o rostro da miña nai
-ollos baixos, labios cosidos polos anos
e o cansazo-
e eu volverei a ela,
serei, coma ela,
pasado.




                 (Do libro oso, mamá, si?, editado por Edicións Xerais, 2015)

martes, 27 de diciembre de 2016

REMUÍÑO DE LIBROS (5) "Nunca mascotas", de Paula Carballeira





TÍTULO:  Nunca mascotas.


AUTORA: Paula Carballeira.


Editorial Galaxia. Colección: COSTA OESTE.




“Nunca mascotas” é unha interesante achega poética para un público xuvenil da escritora, actriz, contadora de historias e directora teatral Paula Carballeira.

     Trátase dun poemario vertebrado por vinte e catro poemas de diferente extensión e verso libre, onde destaca a forza evocadora da palabra. Esta convértese, xa dende o título, na guía polo percorrido dos suxestivos versos cara ao interior do noso ser, para amosarnos a nosa parte máis irracional. A autora, ben coñecedora do valor e importancia da palabra, xoga con ela, recréaa e dótaa dunha carga semántica emocional que convida á reflexión. A través dela, reivindica a liberdade tanto individual coma colectiva nun mundo sen ataduras.
 
Paula Carballeira
     Cada un dos poemas está protagonizado por un ser do mundo animal: insectos, mamíferos, paxaros, peixes…todos se unen para presentar, coma se dun desfile se tratase, o lado máis escuro da nosa existencia: a soidade, o abandono, a discriminación, a envexa, o medo, o amor fatal…pero tamén, a esperanza, a tenrura, a lealdade, a memoria, a amizade…, é dicir, a esencia da vida.
Versos directos, cargados de ritmo e musicalidade e adubados con certa dose de humor irónico, que non deixan indiferente o lector, que buscan a súa complicidade e ábrenlle cancelas no camiño do coñecemento persoal.

     Intelixente proposta editorial da editorial Galaxia para todo aquel que é quen de emocionarse coa palabra poética e sobre todo, para os mozos que están nunha etapa vital onde abundan as preguntas pero non as respostas dentro do complexo mundo dos sentimentos.

“As avelaíñas téñenlle un medo terrrible á escuridade,
por iso prefiren morrer na procura dunha luz
que escorrente as súas pantasmas.”


 

                                                                                                                  ALBA  PIÑEIRO

lunes, 26 de diciembre de 2016

DISCOS MEMORABLES: A HARD DAY'S NIGHT, DE LOS BEATLES

Ya he dicho en más de una ocasión que la primera música que recuerdo haber escuchado cuando no contaba más que unos pocos años de edad fue la de los Beatles. Y llegué a ellos, claro, a través de la ingente colección de discos de mi padre, y mediante dos recopilaciones dobles que ya son clásicas: las que se conocen popularmente como "la roja" (y no me refiero a cierta selección futbolística, obviamente) y "la azul". Estas dos excelentes compilaciones, preferibles al más reciente CD titulado 1, me ofrecieron un panorama amplio del legado musical que los cuatro de Liverpool crearon a lo largo de la década de los sesenta y me llevaron a interesarme por los discos oficiales europeos, pues en los Estados Unidos la discografía beatle es notablemente diferente, con muchos más álbumes que en el Viejo Continente. Y el primer disco original de los Beatles, que no fuese una recopilación, que tuve fue una edición española en vinilo del A Hard Day's Night de 1964, que tenía traducido al castellano el título como Qué noche la de aquel día, que era como se conocieron en España tanto la película como el elepé, y que años más tarde inspiraría a Miguel Ríos el título de aquel programa de Televisión Española de los años 80 Qué noche la de aquel año.





Y es que A Hard Day's Night fue la primera y, sin duda, la mejor película de los Beatles, dirigida por Richard Lester, que colaboraría posteriormente de nuevo con el cuarteto en Help! (1965) y con John Lennon en How I Won the War (1966). La idea era plasmar en un documental ficticio la locura en la que por entonces se había convertido la beatlemanía, y el resultado fue fresco y atractivo, y nos recuerda ligeramente a las comedias de Bing Crosby y Bob Hope por su aire improvisado y su humor sutil y a veces absurdo. De la banda sonora se encargaron, por supuesto, Lennon y McCartney, lo que marcó la primera ocasión en la que un disco de los Beatles estaba compuesto en su totalidad por la banda, pues los anteriores mezclaban temas propios y ajenos. El álbum ofrece buena prueba de la capacidad creativa de John y Paul en un momento de esplendor compositivo, con clásicos dentro del canon beatle como "A Hard Day's Night", "And I Love Her" o "Can't Buy Me Love", con ese excelente solo de guitarra rockero a cargo de George Harrison. Las canciones incluidas en la película aparecen en la cara A del disco, y entre ellas destacan también "I Should Have Known Better", que los Mustang versionaron admirablemente como "Conocerte mejor", y la delicada balada "If I Fell", que es una de las mejores piezas que los de Liverpool habían compuesto hasta el momento. En la cara B—como ocurre también en la banda sonora de Help!—tienen cabida temas que no suenan en el film, y aquí se esconden algunas pequeñas joyas, como "I'll Cry Instead" o las magníficas baladas "Things We Said Today" y "I'll Be Back". Además, hay dos canciones, "When I Get Home" y "You Can't Do That", que revelan la influencia que el sonido Motown tuvo sobre los Beatles en estos años iniciales. En definitiva, estamos ante un disco que marca un antes y un después en los primeros compases de la carrera de los Cuatro Fabulosos, un álbum en el que la magia del dúo Lennon-McCartney, como compositores de canciones pop de gran calidad, es ya una realidad evidente. Por si alguien tenía aún alguna duda, los Beatles habían llegado al panorama musical para quedarse y se habían convertido en un fenómeno global, creando una película y un disco que son absolutamente memorables.



                                                   ANTÓN GARCÍA-FERNÁNDEZ