JAVIER KRAHE (1944 - 2015) Rebelde fronte aos convencionalismos e cunha ironía feroz para reflectir na canción o seu compromiso coa sociedade.
Como di O Gran Wyoming: "Lémbroo coma un home sabio, non só por erudición, que non deixou substituto nin escola. Dominaba a súa contorna e sabía decote o que había que facer, como había que facelo e cando". (infoLibre) Joaquín Sabina afirma "que a música, a poesía, o humor, o cinismo, a decencia, o saber vivir están absolutamente de loito". (infoLibre)
Púxomo na man unha
amiga que quero moito. Díxome que o lese. A ela gustoulle e quería compartilo
comigo. “Se che gusta podes poñer algo no blog” engadiu.
Dixen que á miña amiga
lle gustara. Unha vez lido, teño que afirmar que non me estraña nada. A min,
tamén. E moito.
No ahogar pescado ni comerlo sentimentalmente (Ed. Elvira.2014), que así se chama este libro, é o
primeiro poemario de Patricia Meira,
nacida en Monforte e que vive en Vigo dende hai un tempo. Filóloga e educadora
social, Patricia é unha apaixonada do teatro onde participa activamente como
actriz, directora a guionista. Escribe e le poesía (ben se lle nota) dende que
ten conciencia e é membro,dende hai uns anos, da revista e grupo poético Formas Diversas.
Non vou facer
crítica ningunha, pois eu non son crítico. Simplemente quero dicir que este
poemario me impactou. E non só me impactou senón que me emocionou.
E fíxoo xa dende
os dous primeiros versos:
No quiero encender la calefacción hasta reventar de calor, /ya
sabes cómo soy. Sabes que vivo la vida descompensada…
e cada vez que lía e lía poemas fun descubrindo un tecido poético
sólido e directo, sen contemplacións que me enganchaba máis e máis:
(…) Esta noche no voy
a morir.
Aún me queda por
amar a todos los poetas y desviar esta soberbia hacia un centro comercial bajo
cero (…)
Patricia Meira na presentación do poemario
No ahogar pescado
ni comerlo sentimentalmente é un poemario no que a autora íspese e faino dunha maneira
crúa mais chea de mensaxes sen filigranas poéticas.
Versos mollados na chuvia dos sentimentos máis fondos que
desexa expresar por necesidade.:
(…) Pronto se me
empezaron a notar las costillas de tanto vomitar a un dios que me resecaba por
dentro y se carcajeaba con fuerza mientras se me iba la vida por entre mis
dedos diminutos y gordos (…)
Poesía dura.
Poesía que sacode. Poesía que non deixa indiferente. Poesía, poesía.
Vuelvo a casa
con los zapatos
cansados,
cercenada de tu
exigencia
de tu ambición hacia
la persona que yo no soy (…)
Un poemario que
vén sendo unha viaxe polos momentos dunha vida, pola traxicomedia do cotián:
(…) En aquellas
tardes, nada movía el silencio, amanecíamos ya con las uñas renegridas a estas
horas, buscando puertas:
exit
salida
sortie.
Atravesadas las
murallas, los vendavales de polvo y ser desierto en un oído (…)
Verbos como
atravesar, abrir, acabar, lamentar, escapar, desconcertar, poder, arrasar e
tantos outros marcan un poemario que te engole:
(…) Yo soy una
persona de habla izquierda y de antítesis en el cerebro (…)
Patricia Meira
Un poemario que che
fai recoñecer as esquinas das persoas que pululan pola vida, ese espazo
atemporal no que vive a poeta.
Xa dixen que non
son crítico.
Pero debo confesar
que estes versos me emocionaron; fixeron que me detivese no esqueleto das
imaxes, na fisonomía das palabras, na agulla punxente do diálogo entre as
ilustracións inquietantes de Edson
Fernández e da ironía, o humor negro do discurso poético de Patricia Meira.
Un poemario do que
gocei enormemente.
Un poemario que me
abriu ventanas cara a uns espazos habitados por respiracións ásperas, a ruídos
covertidos en rabuñaduras íntimas e a sentir que me chaman “a golpes de soliloquio,/que
pronuncian mal mi nombre” pero que non son quen de que lles diga adeus.
Pura expresión
poética, desgarrada, descarada, ateigada de escepticismo, pero capaz de
converter a dura realidade en emocion literaria. Poemas que roen no máis fondo
do lector entregado á poesía sen aditamentos inútiles.
Levaba un tempo calado. Mais non
perde o tempo,non.Le (Rosalía, sempre preto del), ve cine, pasea,conversa con aqueles que están abertos a
escoitar e mesmo, sen que eu o vexa,se
dá algún que outro baño no mar.De alí veu, por certo, un día caloroso sen saber
como.
Quedou moi contento polos resultados das
eleccións do 24-M, aínda que lle segue a subir a quentura con todo o que está a
suceder con Grecia.Está que bota fume.Non le os xornais tradicionais e anda
decote a ver que din os dixitais, especialmente Público e Infolibre.
Está moi difícil de aturar e eu intento
falar con el e permitirlle que fale.
Nunha destas tardes decidiuse a contarme
algunas andrómenas que vos conto deseguido.
Tras cerrar un poemario de Rosalía de Castro, o can Can comezou a dicirme que…
… lle encantaron dúas películas que
compartiu con nós e vimos días atrás na nosa casa.
A primeira delas, ese romance impensable e cheo de perigo, dirixido por
Zhang Yimou que se chama “Amor baixo o espiño branco”. Un drama de amor
xuvenil, coa Revolución cultural de fondo, retratado con intensidade e
delicadeza polo gran director chinés. Unha película cargada de paixón, de
poesía e de vida, unha auténtica xoia cinematográfica. Cine intimista que o
espectador interioriza axiña, cun retrato dos personaxes femininos cheos de
agudeza e de coraxe. Como din algúns, a volta do Zhang Yimou máis poético.
A segunda, trátase de “Ida”, unha película curta (apenas dura 78
minutos) dirixida polo director polaco Pawel Pawlikowski e que obtivo numerosos
premios. Anna é unha moza de 18 anos que se prepara para converterse en monxa.
Vive nun convento dende que quedou orfa e un día descobre que ten unha tía,
Wanda, coa que se embarca nunha viaxe de descubertas sobre elas mesmas e do seu
pasado común. Un filme hipnotizante en branco e negro que emociona polo seu
contido e o seu desenvolvemento.
… quere ler a nova novela de Rosa Huertas,
“Sombras de la Plaza Mayor” (Edelvives. Col.
Alandar) porque sabe o moito que gocei con esa historia de amor e misterio,
tan ben contada pola súa autora.
E agradéceme que lle deixara “Corazón
de metal”, un libro editado por SM na
colección “El Barco de Vapor”(serie laranxa),
sobre un androide que crea o enxeñeiro Albert para que guíe e acompañe o seu
fillo, Isaac, e poida axudar a corrixir certas actitudes caprichosas deste.
Dime que lle caeron as bágoas máis dunha vez pola tenrura coa que está contada
a historia e a carga de crítica, que uns personaxes moi ben construídos, deixan
ao longo das súas páxinas.
… o pasou moi ben na presentación do libro “A
neve interminable” ( Edicións Xerais.
Col. Fóra de Xogo) do grande escritor
Agustín Fernández Paz na Casa do Libro en Vigo. E coméntame que o diálogo de Ledicia Costas co autor
estivo moi entretido. Coméntame, ademais, que chegou a sentir algo de medo
polos personaxes dos que alí se falaron. Entre eles, Drácula, Frankenstein e os
contos de Lovecraft. Eu coméntolle que lle deixarei ler “Cartas de inverno” de
Agustín, pois é un escritor que se move de marabilla no terreo do misterio e o
suspense. Vamos, que é un especialista neste xénero novelístico.
… está desexando ler comigo o novo
libro de Xoán Babarro, editado por Galaxia
na súa colección Árbore, “As máscaras
do profesor Robindra”, do que din que é un libro dentro de moitos libros, ou
son moitos libros dentro dun libro.
Gustoulle iso de que,coma en As
mil e unha noites, lemos unha historia que leva dentro a semente doutra.
Nuns días compartiremos tan suxestiva lectura.
… non pode sentirse máis feliz ao ver
na biblioteca da nosa casa a fermosísima edición que a editorial Destino fixo dalgúns contos marabillosos
da súa (e miña) querida Ana María Matute. Coas ilustracións impresionantes de Albert Asensio,
o deseño elegante e a claridade do texto nas súas páxinas, estas historias
imprescindibles como “El aprendiz”, “Paulina”, “El polizón del Ulises”,
Carnavalito”, “El saltamontes verde” e algunha máis, atinguen unha nova
dimensión para os amantes dos libros. Como obxecto e como valor literario son
unhas auténticas xoias.
Albert Asensio e Ana María Matute
…ficou marabillado coas fotografías de
Anxo Cabada, que me enviou para
encabezar a nova sección de Versos e aloumiños, Papeis recobrados. Canta poesía hai nelas!! no se cansa de repetir,
e contémplaas unha e outra vez fascinado.
A min non me estraña esta reacción do can, pois as fotos en branco e
negro desta serie son abraiantes. Dignas do extraordinario fotógrafo que é
Anxo, persoa, por outra banda, dunha xenerosidade incrible.
Foto de Anxo Cabada
… lle sorprendeu que o poeta Benjamín
Prado, con quen eu comparto a paixón por
Iríbar
Bob Dylan, dixese no libro “Un balón
envenenado. Poesía e fútbol”, que se fixera do Athletic de Bilbao sendo rapaz
por Iríbar, o seu heroe da época. Exactamente o que me ocorreu a min. Se había
que decidirse por un equipo de Primeira (cando era neno, o Celta transitaba pola Segunda división.
Sempre celtista por riba de todo) eu apoiaba ao conxunto bilbaíno. E todo pola
figura do gardameta de Zarautz a quen ,como porteiro que eu era, admiraba
profundamente. Que casualidades! Pois o can Can está sorprendido de tanta
casualidade.
… entende que vaia lendo aos poucos o
magnífico libro de Ledicia Costas, “Un animal chamado néboa” (Edicións Xerais),
que contén varios relatos situados na Segunda Guerra Mundial, e que están
contados cunha enorme crueza. En efecto, Ledicia Costas é unha excelente
escritora cun futuro máis que prometedor. Neste libro, escrito cunha calidade
evidente, amosa a sen razón do ser humano nos conflitos bélicos, concretamente
nesa guerra que sepultou a tantos homes e mulleres. Ledicia narra polo miúdo,
con detalle, casos e situacións que poñen a pel de galiña. Producen arreguizos,
pero están contados cunha vontade literaria ben clara. De aí que goce e me
estremeza ao mesmo tempo.
… lle produciu alegría que me
agasallasen a edición de Galaxia /
Gutenberg de “Hojas de hierba” do admirado Walt Whitman. Un traballo bilingüe a cargo de Eduardo Moga, que fai a tradución e a introdución.
Sabe que é para min un dos monumentos indiscutibles da poesía
universal. E debo recoñecer que,
malia ter outras edicións, esta me facía especial ilusión. Un acerto máis desa
muller marabillosa que vive comigo. Grazas, Susi.
O can Can pídeme que lle recite un poema. Fágolle caso e comezo a ler:
En una multitud de hombres y mujeres,
advierto a alguien que me elige por señas secretas y divinas,
y que no reconoce a nadie –padres, esposa, marido, hermano,
hijo- más cercano
que yo:
algunos están desconcertados, pero él no: éste me conoce.
Ah, amante y perfecto igual,
quería que me descubrieras así, por vías indirectas;
y, cuando te encuentre, quiero descubrirte también así.
O
can Can está pensando, talvez recitando interiormente as palabras que digo en
voz alta. Óllame con agarimo e coa pata dáme no brazo para que lea outro.
Míroo eu tamén con agarimo e leo:
Oh, tú, al que a menudo me acerco en silencio, allí donde
estés,
para estar contigo,
cuando paso a tu lado, o me siento junto a ti, o me quedo en
tu
misma habitación,
qué poco te imaginas el
fuego, eléctrico y sutil, que has desatado
en mi interior.
E
así segue e segue contándome unha chea de cousas. Ben se nota que leva tempo
sen falar. Teño que dicirlle que xa está, que teño compromisos ineludibles e se
me bota o tempo enriba.
Creo
que o entende.
Óllame
cuns olliños tan tenros que me empurra a pasarlle a man polo lombo. gústalle. A
min, tamén.
Sabe
que Antón, o meu fillo, está en Toledo con alumnos da Universidade de
Tennessee.
Daquela
dime que quere dedicarlle unha canción de Bing Crosby.
Mira
que é listo o condenado!
Así
que busco este tema que o can Can lle dedica a Antón con moito agarimo. Chámase "Young at heart" e Crosby cántao en vivo.
Non o coñecía de
nada, pero como me encanta revolver nas librarías na sección de poesía, rara
vez non atopas sorpresas que ilusionen. Esta, que vos conto deseguido, foi unha delas.
Non sabía quen era Roberto Alifano. Abrín o libro Sueño que sueñas y otros poemas e axiña fiquei seducido polos seus versos.
Vin, ademais, que tiña un prólogo de Jorge
Luis Borges. Non era unha mala carta de presentación.
Roberto Alifano
Na páxina 16 lin o poema seguinte:
Soñó un sueño
en el
que soñó que se moría
y cuando
despertó del sueño
estaba
muerto.
E así un conxunto
de poemas curtos, en que repite dun xeito obsesivo o substantivo sueño e o verbo soñar.
Intentei saber máis cousas de Alifano.
Borges e Neruda
E souben que naceu en 1943 no oeste da
provincia de Bos Aires, que foi amigo persoal de Pablo Neruda, que tiña amizade e colaborou con Borges (con quen
traduciu a poesía de Hermann Hesse
ou a Stevenson) e que dende 1988
dirixe a revista literaria Proa.
E, ao pasar
algunhas follas, lin algo diferente:
Quebrada ya
la vela,
XULIO GARCÍA RIVAS. "Xardín XXI". Acuarela sobre papel.
a despecho
del mar y la tormenta,
emerges del
naufragio
y crujen las
maderas derrotadas.
A merced de
las olas,
librado a tu
destino solitario,
¿en dónde
refugiarte
si apenas ya
resistes los embates?
A la sombra
de nada,
el ayer y el
mañana es este ahora
con lágrimas
y duelos
y espantos y
fatigas.
Oh, abismo
fiero airado,
en arduo
traspasar del horizonte
cuánta
espalda del mundo.
Si ya calmas
las aguas
en soplos de
porfía
¿qué viento
llevará tu nave a puerto?
A súa obra
poética, traducida a diversos idiomas, inclúe títulos como Solo para mayores, Sueño que
sueña, Cantos al amor maravilloso,
Los números, El guardián de la luna, Alifano poesías e Existencia.
E volvo ler,
dentro da súa poesía amorosa, o Canto
primero:
Amor mío, si
todo lo que amamos
se va junto a
la brisa,
soñemos con
los pájaros que emigarn
XULIO GARCÍA RIVAS. "Árbore sobre a néboa. Vilar".
entre el día
y la noche
hacia nidos
lejanos sin distancias
donde el sol
no reclame nuestras nuestras sombras.
Muy leves en
la lluvia,
felices y
abrasados al asombro,
los árboles
no viajan
sino con el
murmullo de sus hojas
o el vagar de
semillas
y recorren
instantes
que la luna y
el viento celebran sobre el mar.
Y nosotros,
amor,
alejados del
tiempo para siempre,
mezclados a
una nube
volaremos
entonces sin retorno,
unidos como
cielos en el agua
con la
antigua ilusión en nuestros labios
y esa dulce
palabra repetida,
diciéndonos
por siempre “nos amamos”.
Non me estraña ler que Roberto Alifano é
unha das voces fundamentais da poesía arxentina contemporánea. Este libro, unha boa mostra da súa obra, editado por Renacimiento,
demostra esta afirmación e permite coñecer os distintos rexistros dunha voz
excepcional.
Borges e Alifano
Leo os seus Versos negros e escribo aquí os números 1 e 5:
1)
X. G. R. "Xardín VII" Acuarela sobre papel.
Tal vez la
vida es sólo espejismo
Tal vez la
muerte es una impertinencia
Una bala
perdida en busca de su blanco
Que no
respeta a dios ni a la belleza
5)
Mis
argumentos quizá no son genuinos
Las balas de
fogueo sólo meten barullo
Pero Artaud
tenía razón: la institución
Literatura es
una cloaca pestilente.
E así vou perdéndome e gozando polos
carreiros poéticos dun autor que antonte non coñecía (malia as moitas
distincións que lle foron outorgadas) e hoxe o poemario- antoloxía Sueño
que sueñay otros poemas dorme encol da mesiña de noite, sempre disposto
para deterrme nas secretas e preciosas posibilidades que me ofrece.