martes, 7 de abril de 2015

"OPEN. Mi historia" : UN LIBRO FASCINANTE DE ANDRE AGASSI SOBRE A VIDA E OS SEUS ABISMOS.



    


     Gústame o tenis.
     Mal que ben, xogo cando podo.
     Gústame ver os partidos a tres sets. A cinco abúrrenme.
     Gústame a calidade, a elegancia, a improvisación. Gústanme eses tenistas, homes ou mulleres, que fan fácil o difícil.
     Non me gustan os pasabolas. Non me gusta Rafael Nadal, malia pensar que é un gran xogador.
    
Roger Federer
     Por todo isto, gústame Roger Federer. Admiro a súa actitude na pista (só falo do xogo), os seus golpes, o seu ritmo, a súa figura, o seu tenis elegante, a súa intelixencia. Gústanme, mesmo, os seus defectos (sigo falando do xogo) que o fan ser desta terra. Non me gustan os deportistas galácticos. Aprecio os seus esforzos e a superación. Non me gusta que perdan o contacto co mundo que viven aínda que, moito me temo, non é esta unha virtude do deporte de alto nivel.
    
Andre Agassi
     Anos antes que a Federer admiraba a Andre Agassi. Distintos en case todo. Pero sentín dende o principio que o xogador de Las Vegas aportaba facetas importantes ao conservador mundo do tenis. 
     A súa vestimenta, o seu porte, o seu peiteado, eses vaqueiros curtos cos que xogaba e que tantas bochas levantaban, os seus xestos e reaccións, a súa maneira despreocupada (aparentemente) de xogar, o seu carácter difícil… todo iso levábame a min a pensar que tras ese xogador rebelde se agochaba un ser insatisfeito. Eu gozaba coas súas vitorias. Cos seus éxitos.
     
      Agora, que estou a ler Open. Mi historia (Duomo ediciones, 2014), comprendo aquilo que empurraba a Agassi a comportarse como o facía.
      
     Este libro, escrito en colaboración co escritor J.R. Moehringer, premio Pulitzer por un artigo aparecido en Los Angeles Times, é unha xoia. Unha obra apaixonante que permite penetrar nas entrañas dunha persoa insatisfeita, afogada polo seu pai, desviada doutros camiños máis ricos, explotada ata o máis profundo e que chega a afirmar que “sempre odiou o tenis”. E non me estraña, ao ler as vicisitudes que pasou dende as primeiras idades.
     As súas extravagancias, salientadas con moito ensañamento por campañas de prensa do seu país, eran consideradas como unha maneira de chamar a atención. Que inxusto! Toda a parafernalia das actitudes do tenista era unha maneira de agocharse dunha realidade que lle viña facendo moito dano. Agocharse de si mesmo.

      


     “Odio o tenis, detéstoo cunha escura e secreta paixón, e porén sigo a xogar porque non teño alternativa. E ese abismo, esta contradición entre o que quero facer e o que fago de feito, é a esencia da miña vida”.  Tristes palabras dunha persoa á que lle fixeron perder o norte. A quen encheron de dúbidas e de frustracións. Unha reflexión conmovedora. De feitos contados cun ritmo engaiolante, de reflexións coma estas, de proxectos endiañados, de excesos múltiples, de camiños con máis atrancos que horizontes… está cheo este libro. Libro, por certo, que aínda non rematei pero que me ten enfeitizado, que me custa deixalo e do que quero dar conta pola hipnose que me produce. Unha historia que vai máis alá do deporte. Está moi ben escrito e a sinceridade e profundidade que latexan nel resultan emocionantes.
    

     Un libro sobre o talento e a maldición, sobre a formación, a vitoria e a derrota, sobre o amor e o odio, a felicidade e o éxito. Un libro, en realidade, sobre a vida.
      
     Un libro que fai pensar. Que pode desmontar mitos.
     
      Un libro que me fai admirar máis a Andre Agassi, tan incomprendido coma humano.
     Un libro que deberían ler pais e educadores, monitores e todos aqueles ou aquelas que intentan formar a deportistas.
      

     Un libro que volve poñer sobre a mesa o mundo deses deportistas de elite, que se dedican dende tan novos a un deporte,  perigosamente absorbente, e chegan a perderlle o pulso á realidade.
      
     ¿Robots ou persoas?  ¿Felicidade ou insatisfacción?
      
     ¿Máquinas de facer diñeiro?  ¿Poden rachar en calquera momento? ¿Destruírse?
      
     ¿Teñen un futuro equilibrado? Estou cheo de dúbidas.
      
     Aí quedan as preguntas.
      

     Quero felicitar, dende Versos e aloumiños, a Andre Agassi por permitirnos entrar na súa intimidade e presentar esta historia  (a da súa vida, non o esquezamos) tan auténtica e valente. Escoitar a súa palabra (semella que che está a falar) fai que o comprendamos totalmente.

                                   
                                                                                            ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

domingo, 5 de abril de 2015

ESCAPARATE POÉTICO (XLVII) Ramón Neto







RAMÓN  NETO  (A Illa de Arousa, 1975)




ATENCIÓN AO PÚBLICO


Os vasos de tubo que se foron aliñando ao longo da barra
forman agora un casting de testemuñas para a coartada perfecta
dese mundo que teimades en perepetuar coméndovos as bocas.
Ramón Neto

Quero enchoupar a lingua de ti
até o piercing
                       (din os subtítulos do poema)

nese mundo case feliz pegañento de saliva
a base de aixadas de limón fedorentas
de martini con vodka  -batido, non mesturado-

aixadas que zugades longamente
ao rematar.
                    (mentres o lector comeza xa a pasar páxina)






NUNHA FLOR


Teñen que ser nós non corredizos.

(asente levemente)

Comeza pois por inmobilizar
pernas e mans.

(dubida e precisa refacelo
para aliñar ben as voltas)

De seguida contorna os peitos,
pásalla sobre as nádegas
e enrólalla aos cadrís.

(a trenla –tirante
nas parénteses e nos cortes
de cada verso)

Segue enrolando até levarlla pola boca.

Entón xa non haberá máis nada que dicir.
Ti improvisas
                       (o poema é teu)






HAI  VIDA ALÉN DO CINTO DE KUIPER


Belíscame,
belíscame sen medo,
para que non deixe
de volver aos meus
sentidos espertos.


Belíscame,
belíscame insistente,
mentres fago
tempo ás portas
do paraíso perdudo.


Belíscame,
belíscame até a ferida,
para así lembrarme
que tamén hai algo
de ti penetrándome.


Belíscame,
belíscame de mala hostia,
e fai saltar a fibela
para que a fricción dea forma
a un novo corpo celeste.
 





 
                                                                     (Do libro Dominio público. VIII Premio de poesía erótica “Illas Sisargas”. Caldeirón, 2014)

jueves, 2 de abril de 2015

ESCAPARATE POÉTICO (XLVI) Ángel Petisme.





ÁNGEL  PETISME  (Calatayud. 1961)



DUELE PERO MENOS

A veces apareces en mis sueños,
otras paso la mano por los espejos
de la casa para acariciarte.

Aquella plenitud, la vida que perdí,
quise continuarla en sueños.
No dejo de embalsamar tu cicatriz,
de buscarte en el vaho.
Llueve, pero menos.

A veces encogido en un puño
pasa por tu calle mi corazón.
Aún vives dentro de mí
pero, ¡ufff!, ya puedo levantarme
del suelo un par de palmos.






LA HERIDA INVISIBLE

Guardo tus besos en las caracolas,
congelo tus promesas para la eternidad.
Conservaré en formol tu idea de la vida
mientras mis labios bajan al fondo de la nada.
Embarcaré tus sueños en un cayuco azul,
le diré al capitán que cuide tus silencios.
Por si un día aparece tu corazón en llamas
y golpea el cristal en el atardecer.




SMS 14

Hay mariposas que se resisten a ser clavadas,
exhibidas en una caja de cristal,
y hay hombres que mueven las alas
desesperadamente para seguir soñando.






PERSEIDAS

No es azul el verano
y el mar ya no respira.
Solo en la terraza
bajo un cielo convexo,
me acarician estrellas
pero ignoro sus nombres.
Hace frío, ¡cómo duele este frío!
Pienso en esta isla,
qué afortunado fui
por mecerme en tu risa.





BRÚJULA

No puedo amarte
y no quiero perderte.
Si te amase hasta el fin
me perdería para siempre.










                                                             (Del libro El lujo de la tristeza, editado por Olifante. Ediciones de Poesía, 2014.)