sábado, 24 de enero de 2015

ESCAPARATE POÉTICO (XLII). Daniel Pernas Nieto.






DANIEL PERNAS NIETO  (Abadín, 1884 - Mondoñedo, 1946)



SEMPRE MOZA

Furtiva moza te vexo
que ven de min t´agasallas;
Daniel Pernas Nieto, "O Cura poeta".
pol´as meixelas campeas.
          Unha bágoa.

I-eres para todos a moza
recollidiña n-a cama;
post´o sol bicas a terra.
           Sempre ufana.

Que das Delores a Nai
n-o Ceo deuche pousada.



SALAIOS

Por qué chora, preguntas a un bardo,
           d´a terra galega;
pois choro porque levo n-o peito
          un feixe de penas;
porque as casas d´a miña terriña
          inda non fumegan,
que soliñas, soliñas quedaron
          n-o bico d´aldea,
i-agora non hai quen desbrave
          as irtas restrebas;
miña terra, terriña querida,

          que soia te quedas,
que os homes que inda non te conocen
          así te desprécean
vindo logo de terras extrañas
          sin sangue nas venas;
por qué choro, preguntas filliño,
          porque non fumegan,
¡ai!, as casas da nosa terriña
          n-o bico d´aldea.



EN UN ALBUM

D´aquel borbullo n´olliño
ferve unha bágoa d´o mar,
e bícall´o sol o seo
          qu´esgaza
doida, doidamente,
a pelra d´unha mañá.


     


     

      (Do libro Fala das Musas e outros poemas. Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro. Colección Láncara de poesía. 2014. Ed. de Armando Requeixo).

jueves, 22 de enero de 2015

VISITANDO A CIDADE DOS NENOS DA MAN DE FRANCESCO TONUCCI.





     Non todo o mundo entendeu, no seu momento, o que as humanizacións das cidades significaba.  Oposicións de toda clase, prioridade para coches e aparcadoiros, que se prexudicaba os comercios… opinións sen o máis mínimo coñecemento do espírito que as devanditas humanizacións contiñan.
  
     Pasado o tempo, todos aqueles que se opuñan tiveron que recoñecer a bondade dos proxectos.
     
      Hai que loitar demasiado, nunha sociedade bastante desinformada, para acadar resultados que, non o esquezamos, están pensados para unha mellor hixiene mental dos cidadáns e para acadar unha mellor calidade de vida. Demasiadas barreiras arquitectónicas para todos aqueles que teñan algunha dificultade, sexan pequechos, anciáns ou discapacitados, gases tóxicos, contaminación acústica infernal, beirarrúas convertidas en aparcadoiros habituais … Seguimos?
     De acordo que se está a avanzar neste terreo, pero aínda queda moito por facer.
    

     E os nenos e nenas?  A eles imos referirnos nesta ocasión. Pois o teñen moi mal. Xa non se xoga na rúa, o autobús escolar róuballes unha chea de tempo e os atrancos multiplícanse se os cativos queren gozar da cidade. Dependen dos adultos en exceso, falta seguridade, as beirarrúas acostuman a estar tomadas polos vehículos, as velocidades altas dominan a circulación, non se respectan os pasos de peóns como se debería, a contaminación produce un aire irrespirable, non se coidan os espazos de xogos… En fin, que as urbes non están pensadas para vivilas en total plenitude.
     Danse pasos, iso si, pero moi timidamente e, pensamos, sen unha convicción auténtica.
 
Francesco Tonucci
     Por todo isto (e moito máis) temos que saudar con ledicia a publicación dun libro único, aberto, que aluma os escuros recunchos da estupidez humana: “A cidade dos nenos” de Francesco Tonucci, editado pola Editorial Kalandraka e, por fin, en galego, coa tradución de Mónica Martínez Baleirón, Sonia Santos Ferreirós e Rut Vázquez González.
       
     “A cidade dos nenos” viu a luz  a finais de 1996 para presentar unha nova filosofía de goberno na cidade. Eran os nenos os elementos clave e mostraba como modelo os primeiros anos da experiencia en Fano (Italia). A experiencia abriu camiños a outras novas en países como España, Italia, Arxentina, Colombia, México, Perú, Uruguai e Chile, lugares onde Tonucci daba conferencias que eran moi celebradas. A partir de todo isto creouse unha rede internacional á que se foron sumando máis de 200 cidades.
    
Unha vista de Fano (Italia).
     Os nenos tomaron a palabra e levaron adiante proxectos elaborados por eles.
          
     “A cidade dos nenos”, libro interesante e necesario, converteuse nunha guía que, directa ou indirectamente, ía marcar as pautas para converter as localidades en lugares máis habitables.
     
Presentación do libro en Pontevedra.
     Se falamos desta magnífica obra, diremos que consta de tres partes.

-          A primeira é “O proxecto”. Nela analízase un malestar existente no desenvolvemento da cidade, o paradoxo dos servizos, os acordos entre adultos, a solución individual da defensa, a solución social da participación, a primacía do xogo, a soidade do neno…

-          A segunda parte leva por nome “As propostas”. Explica o laboratorio de onde saen o Consello dos nenos, os nenos planificadores, o neno no pensamento dos adultos, a importancia de que os rapaces poidan saír sós da casa, que vivan experiencias propias. Fálase dos accidentes domésticos, do conflito irresoluble coa televisión, a renegociación da relación de poder entre o coche e o cidadán, os aliados dos pequenos, un plan de urbanismo, a escola adaptada aos nenos e moitas máis cousas.
    
-          Na terceira, chamada As experiencias”, podemos ler cun enorme pracer o desenvolvemento do proxecto en Fano (A cidade dos nenos), o Pleno municipal aberto aos nenos, “policía, amigo deles”, un día sen coches, un selo de calidade infantil para hoteis e restaurantes, “Eu e a miña cidade”: o cartel, “á escola imos sós” e moitas máis experiencias, actividades, iniciativas que xurdiron a partir da experiencia do Laboratorio de Fano e que non deben ser consideradas como unha proposta integral, nin como un itinerario obrigado ou mesmo recomendado. Pretenden ser un testemuño modesto, pero optimista, sobre as posibilidades de realización dun proxecto contido na primeira parte do libro.
 
Pontevedra. Modelo de cidade multipremiado.
        A edición galega cóntanos,  ademais, as reflexións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores tras un percorrido pola cidade con Frato (acrónimo de Francesco Tonucci). “A súa filosofía”, di o alcalde referíndose ao pedagogo italiano, “estaba claramente definida: os ollos dos nenos son os principais catalizadores das necesidades urbanas. Os nenos dan a medida do que  todos os demais precisamos: máis espazos para o lecer, unha cidade máis segura, mellor alumeada, con menos obstáculos para moverse, na que sexa posible a actividade lúdica, unha cidade sen fumes e sen ameazas para camiñar ou xogar…”
    
Tonucci en Pontevedra.
     Tamén Francesco Tonucci, nesta edición, ten palabras de recoñecemento para o labor desenvolvido en Pontevedra como cidade fermosa e habitable.
    
     E interesante, xaora, o limiar do profesor da Universidade de Compostela e membro de Nova Escola Galega, Antón Costa Rico, quen nos achega a figura de Tonucci e a súa presenza en Galicia dende 1988 da man de NEG, ademais de comentar os movementos cidadáns e pedagóxicos, as políticas de desenvolvemento cultural, a psicoloxía ambiental e a aprendizaxe do medio urbano, intensa preocupación do pedagogo italiano.
     
    
Modelo de multa dos nenos de Fano aos condutores maleducados.
Un home, Francesco Tonuci, de recoñecido prestixio como educador e psicopedagogo, autor de numerosos libros e escritos sobre a infancia na sociedade actual, sobre os seus dereitos e sobre a súa presenza viva e autónoma  no ecosistema urbano.


     Lémbranos Antón Costa esas achegas a través de viñetas nas que aparece un cativo coas súas reflexións (de neno). “A sinxela profundidade destas reflexións, a tenrura e a presenza das emocións, que se dan cita a partes iguais nestes textos e imaxes, engaiolaron moitos lectores e lectoras, o que explica a gran difusión internacional lograda polos textos de Francesco Tonucci”, afirma Costa quen nos recorda que Frato naceu como banda deseñada e un pouco por casualidade; así e todo, semellaba que podería expresar cousas non doadas de dicir só con palabras. Tonucci dirá del que “é a miña man esquerda”.


           Estamos, pois, diante dun libro, “ A cidade dos nenos”, que en palabras de Norberto Bobbio “é un continuo eloxio da fantasía, da creatividade, da liberdade, da intelixencia, da espontaneidade e da extraordinaria abundancia de ideas e sentimentos do mundo dos nenos".
     Eu, coma di Bobbio no prefacio desta alfaia, quixera transmitir aos lectores e lectoras o meu agarimo, o meu interese e as miñas emocións tras pasear pola cidade ideal, pensada por Tonucci, para que se animen a gozar andando polas rúas dun ecosistema equilibrado e libre de perigos, decidido a deixar de ser un inferno.
      

     E, de paso, reivindicar esas cidades como algo agradable, fuxindo de tantos discursos interesados que impiden gozar destes espazos que nos pertencen e que tanto inflúen nas nosas vidas.

                                                                                                                                                       ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


domingo, 18 de enero de 2015

"ANTÍDOTOS CONTRA EL TERRORISMO": UN ARTÍCULO REFLEXIVO E INTELIGENTE DE PACO ABRIL.


Paco Abril

     DE PACO ABRIL PODEMOS LEER  BREVES RASGOS BIOGRÁFICOS COMO ESTOS:


     Escritor, cuentacuentos, ensayista y artista plástico
Ha contado cuentos e impartido cursos, talleres y conferencias en diversos lugares de España y en Nueva York, París, Casablanca, Miami, México…
Fue coordinador de bibliotecas, promoción de la lectura y programas educativos en la Fundación de Cultura de Gijón. Creó y dirigió diferentes suplementos infantiles. Del suplementoLa Oreja Verde se editaron 1021 números a lo largo de sus 23 años de publicación.
Ha realizado cuarenta exposiciones de cuentos completos para niños.
Participó en el Simposio de Expertos de Literatura Infantil, y fue miembro de la Red Nacional de Selección de Libros Infantiles.
Con asiduidad publica artículos en periódicos y revistas especializadas. Entre los que se pueden destacar la serie Los dones de los cuentos en la revista CLIJ.
Ha escrito más de mil reseñas de libros de literatura infantil y juvenil.
Realizó la campaña Contadnos cuentos, por favor de la que fue autor tanto de los textos como de las fotografías.
En 2012 expuso, por primera vez, su obra artística: doscientos collages que título Con alma de papel.

    


     Estos trazos biográficos se pueden encontrar en alguna página web, en blogs literarios, en algún catálogo o en trípticos de alguna de sus innumerables actividades. Pero lo que no dicen estas líneas, por otra parte ciertas, es que Paco Abril es mucho más que eso.

      Paco Abril es emoción, es inteligencia, es reflexión, es hechizo, es ingenio.
     Por los poros de su piel, Paco Abril destila una sensibilidad de colores. De colores cálidos que le dan sentido a todo aquello que respira.
      Paco Abril le da al arte dimensiones nuevas. Fusión de palabra y plástica.
     
De  Paco Abril. Una preciosidad.

      Paco Abril cree en las pequeñas cosas, que son las que marcan las trayectorias de las personas sensibles, observadoras, creativas.
     Paco Abril ama lo que hace. Se siente responsable de sus afectos. Esos que enmarcan cualquier proyecto que realiza.



     Su libro de poemas “Alma de papel” es una joya literaria y material. Es una aventura llena de vida, de palabra literaria profunda, de intensa reflexión sobre los valores fundamentales del ser humano: el acto de leer, la libertad, la alegría de vivir, el intento de huir de la opresión, de aventura interior.


     Leamos unos poemas/ pensamientos de este pequeño pero sustancioso libro:


LA RAZÓN DEL SENTIMIENTO

Fue dejándose llevar
por el mentir verdadero,
por ese vivir leyendo,
como él
fue descubriendo,
que la luz de la razón
se enciende
también sintiendo.






ALAS

Cuando los pájaros
rompan sus jaulas,
cuando ya nadie las exija
ni amenace con ellas,
cuando podamos
volar sin miedo,
entonces,
y sólo entonces,
sabremos
para qué sirven
las alas.






La generosidad de Paco Abril nos permite gozar de un artículo necesario, claro y reivindicativo, tras los sucesos de París. Un artículo de gran lucidez sobre el terrrorismo y por donde deben ir los tiros a la hora de asumir hechos tan brutales como estos.
 
Paco Abril
     Paco Abril cree en la educación. Y, como él, muchos pensamos lo mismo.

     Publicado en La Nueva España (Asturias) y, a la vez, en el Faro de Vigo, este artículo nos invita a pensar y nos indica que, tal vez, no se están haciendo bien las cosas (no lo dudamos) en el terreno educativo.


     Gracias a Paco Abril por permitirnos reproducirlo en nuestro blog-revista.


     Versos e aloumiños, Paco, está a tu disposición.

     Personas como tú son imprescindibles en esta sociedad tan compleja como injusta. Una sociedad que vive momentos convulsos y que parece abocada a un cierto caos.

 
Dibujo de Miguel Hernández realizado en la cárcel por Buero Vallejo.
     Leamos este magnífico artículo, reflexionemos y discutamos con nosotros mismos con el objetivo de ver más allá de lo que tenemos delante de los ojos, a menudo interesado y bastante irracional.

                                                                                                                    ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO