Mostrando entradas con la etiqueta mariano coronas.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mariano coronas.. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de agosto de 2015

VERSOS COMPROMETIDOS DE MARIANO CORONAS. CANDO AS MAPOULAS FLORECEN NOS FOXOS...

Con Mariano Coronas en Baeza diante do busto doutro inconformista: Antonio Machado.


     Recibo un correo do meu querido e admirado Mariano Coronas Cabrero.
     
      Como tantas persoas comprometidas, está farto de que se fale 
            da Lei da Memoria Histórica e que sigan estes lamentables  
                    (des)gobernantes que temos a incumprila e a ignorala.

     Mariano, ben o sei, ten alma de poeta.
     
     De feito, pon en verso moitas das inquedanzas que viven dentro del.
      
     Rexeita e dálle ben noxo a falta de respecto que eses elementos manipuladores, que nos desgobernan, mostran cara a algo tan fundamental, coma a reparación que merecen tantas persoas que caeron na defensa da legalidade democrática. Que deron a súa vida, non o debemos esquecer. 

     Quizais, meu amigo, esta xente do PP sabe pouco (ou nada) de democracia.
Retiro o “quizais” e afírmoo. E non erro.

     Pois Mariano puxo no facebook, hai unhas datas, estes versos profundos e cargados de sentimento. Acompañounos coa fotografía que podedes ver onda eles.
     
     Versos e aloumiños  séntese moi honrado de reproducilos deseguido.


     
     Grazas, Mariano, polo teu labor inxente e cheo de significado que nos dignifica a todos.




Por algo las amapolas
florecen en las cunetas...;
con el color de la sangre
una injusticia recuerdan.
Son muchos años de insultos,
de cruel indiferencia...
Los muertos siguen llamando
desde el fondo de la tierra.

                                                                Mariano Coronas Cabrero


martes, 14 de abril de 2015

LEMBRANDO A PROCLAMACIÓN DA IIª REPÚBLICA ESPAÑOLA.




    

     Recibo un correo de Mariano Coronas a quen quero e admiro.


      
     Hoxe, día no que se conmemora o 84 aniversario da proclamación da IIª República , convén lembrar este feito porque as augas andan moi turbias neste país.
      

     Hai demasiadas forzas dispostas a que esquezamos un dos sucesos máis graves na consolidación de España como un territorio moderno, libre e progresista.
      
Manuel María
     Coa Lei da Memoria Histórica descafeinada, con políticos que aldraxan a familiares dos vencidos acusándoos vilmente de recordar os seus pais porque hai subvencións (e ese elemento segue aí, no seu posto, dando leccións de moral), cos mortos nos foxos, cos hipócritas dicindo que non se debe mirar cara atrás, que non se debe remover o pasado, co partido que goberna que segue sen repudiar a figura do ditador…, non debemos nin queremos esquecer en Versos e aloumiños a proclamación da República o 14 de abril de 1931.
      

     Por iso, ademais do texto do correo que nos enviou Mariano, publicamos un poema de homenaxe a Alexandre Bóveda, galeguista abatido inxustamente pola barbarie fascista, cando empezaba, aos 33 anos, a ser grande, como di Alonso Montero, editor da “Coroa poética para un mártir” (Ed. Xerais, 1996). Un soneto de X. L. Méndez Ferrín, reivindicativo e vigoroso e un poema de Manuel María, escrito en 1971, e que leva por nome “Lembranza de Alexandre Bóveda”.

      
X.L. Méndez Ferrín
     Por moitas razóns, queremos que Rafael Alberti estea presente nesta conmemoración. Ter compartido con el momentos fascinantes, ter sentido o seu compromiso pola poesía e pola liberdade, ter gozado da súa palabra, do seu agarimo, do seu compromiso fai imprescindible a súa presenza aquí, neste día, con dúas cancións do seu libro “Poemas del destierro y de la espera”.

     E todo baixo ese fermoso agasallo que Mariano Coronas nos fai  con esa bandeira vexetal, ecolóxica e republicana.
 
Mariano Coronas Cabrero

      Correo de Mariano Coronas Cabrero.



La naturaleza es muy sabia. Se han juntado tres franjas vegetales para celebrar y conmemorar un hecho histórico: amapolas, colza y lavanda han coloreado un espacio virtual para recordarnos que el 14 de abril de 1931 se proclamó la IIª República; un tiempo en el que hubo gobernantes más progresistas, responsables y honrados que en la actualidad, con un deseo claro de modernizar el país. Para que no nos olvidemos de ello ni de ellos, debemos recordarlo y recordarlos cada poco...




       



     Poemas a Alexandre Bóveda




 
      Dúas cancións de Rafael Alberti.




 CANCIÓN 50


Yo no soy para estar solo.
Pienso de pronto que sí,
Rafael Alberti
y pienso que no, de pronto.

Me espanta la soledad.
Es verdad, aunque yo crea,
de pronto que no es verdad.

 
CANCIÓN  54

- No hay que decir: Estoy alegre.
Hay que estarlo.

Alegres hay que están muertos.
Muertos, y hasta ya enterrados.

Alegre, de lo profundo,
no porque yo diga estarlo.

Hoy digo: NO estoy alegre.
Algún día voy a estarlo.

(Sin mentirme, voy a estarlo.)

jueves, 26 de febrero de 2015

PERCORRENDO A SENDA DAS PALABRAS DA MAN DE MARIANO CORONAS.



Mariano e Mercè. Innumerables recoñecementos.

    Falei del hai case un ano na sección “A luz das palabras” deste blog-revista, con ocasión dun dos seus magníficos textos co que nos agasallou.
    
     Agora está xubilado. Xa o precisaba, porque Mariano Coronas Cabrero gastou toda a súa vida na docencia. Foi un mestre exemplar. Segue a selo. Esas cousas non prescriben.
      
     Recibo “El Gurrión”, a revista que dirixe e que leva 34 anos alumando conciencias e tecendo ilusións e lembranzas, mentres escribo estas liñas. Encántame lela. Hai nela un perfume natural e afectivo de amor á terra que me engaiola. E sentes o espírito deste home aberto, innovador, punxente,amante da natureza en cada unha das súas páxinas.
   Porque Mariano Coronas abre canles en todas as direccións que leven o ser humano a ser máis libre e máis auténtico. El é así. Intelixente, aberto, afectivo e, tamén, duro e crítico con todos eses feitos e todas as persoas que coutan liberdades e soños. Aí, con todo iso, é intransixente. Por iso o admiro. Por iso o quero.
    

      Ben, pois hai unhas datas recibín o segundo caderno de “Cuadernos de Macoca”. Leva por título “La senda de las palabras” (Nueve columnas).  Nove columnas que nacen do convite que lle fixo en 2011 Jaume Carbonell ( daquela director da revista Cuadernos de pedagogía) para que en nove números da publicación que sairían ao longo de 2012 houbese un texto del. Aceptou o reto e cumpridamente foi enviando, unha tras outra, as columnas solicitadas (2.455 caracteres ou 35 liñas). Escribiu en liberdade. Un reto que aceptou con agrado e que enriqueceu a revista, xa de por si imprescindible no eido da educación.
    
      Reuniu neste segundo caderno as súas colaboracións: “un territorio común onde se xuntan as ideas e as palabras, para celebrar aquel convite e para agasallárllelas ás amizades e a quen lle poida interesar”, explica.
     
      Eu vin o ceo aberto.
      
     Púxenme en contacto con el. E tan xeneroso coma sempre deume o permiso para publicar o que quixese. Fenomenal! Temos neste caderno auténticas alfaias pedagóxicas, que iremos publicando pouco a pouco.
    
     Unha sorte, mestre!
     
     E vós, lectores e lectoras de Versos e aloumiños, a gozar, a aprender e a tomar nota de tan sabias palabras.

     Grazas, amigo.







LA MANO QUE ESCRIBE

                                                                                       MARIANO CORONAS CABRERO

Hablaba en el texto anterior de animar a leer y no hice ninguna mención –pero sí lo hago en esta ocasión- a la relación existente entre lectura y escritura.

     Si leemos declaraciones, autobiografías, entrevistas, etc. con escritores y escritoras, la mayor parte se confiesan lectores convulsos o empedernidos, e incluso en muchos casos, ante la disyuntiva de tener que elegir entre no volver a escribir o no volver a leer nunca más, un alto número, tal como nos cuenta Rosa Montero en su libro El amor de mi vida, elegirán seguir leyendo. En todo caso, parece innegable que el bagaje lector de un escritor puede ser un depósito fértil del que podrán brotar nuevas historias, con el que construirá nuevos mundos imaginarios…

     Si nos trasladamos a la escuela o al instituto, podemos aplicar una estrategia parecida. Animamos a leer, leemos en voz alta, ofrecemos libros y lecturas… y sugerimos que se escriba. Para ello, mejor proponer asuntos que tenían sentido; mejor proponer estrategias diferentes; mejor diversificar los soportes de escritura; mejor realzar acompañamientos razonables y ofrecer modelos… En todo caso, no descuidar esa relación entre lecturas y escritura o viceversa, porque aunque tengamos claro que no todos serán lectores, ni todos acabarán escribiendo novelas, sí podemos convenir en que ambas cuestiones pueden tener un desarrollo paralelo, razonable y amable en las aulas.


     Fomentar la escritura exige, además, tener innumerables matices y puede ser animada desde distintos ángulos: escribimos reflexiones sobre nuestras vivencia y trabajo; escribimos poemas y textos libres; escribimos informes sobre pequeños trabajos de investigación; escribimos cartas, extendiendo los afectos, dibujando las palabras y pensando en la persona destinataria de las mismas; escribimos sobre las lecturas realizadas; sobre algunas noticias que nos van llamando la atención; escribimos para realizar un trabajo de recopilación etnográfica; escribimos para desarrollar propuestas que contengan presupuestos de miedo, humor, amor, misterio, aventura… Escribimos en papel y escribimos en los soportes electrónicos o digitales que tenemos a nuestro alcance: blogs, Webs, e-mail… La expresión escrita debe cuidarse e implementarse porque es una potencialidad que merece ser desarrollada y porque es una posibilidad de relación y comunicación con nuestros semejantes. Por eso, la mano que reciba un libro será también la mano que escriba…