Illas Cíes. Foto de Ricardo Grobas |
Estiveron en Vigo en Semana Santa.
Juan e Lurdes na casa de López de Neira en Vigo. |
Falo de Juan Carlos Martín Ramos e Lurdes López.
Enchen de alegría todo aquilo que tocan.
Fixemos una excursión ás Illas Cíes. Ficaron marabillados da beleza que esta paraxe natural amosa aos que a visitamos.
Xa de volta en Ugena (Toledo), Juan Carlos, un dos poetas para rapaces e mozos, ou sexa, para todos, máis importantes en castelán deste país, enviounos un fermosísimo poema sobre as illas. Un poema manuscrito con esa artística e preciosa letra, que lle dá unha plasticidade moi especial.
Un poema que reproducimos para que os lectores e lectoras de Versos e aloumiños poidan gozar del.
Unha vez máis, Juan, grazas por querer tanto este blog-revista.